Nota de prensa
Grupo Municipal PSdeG – Psoe de O Valadouro
Queremos facer público o noso malestar e descontento polo
rexeitamento por parte do Grupo Popular no parlamento Galego das
emendas os orzamentos presentadas para inclusión nos mesmos
de dúas partidas que afectan a o noso Val.
A primeira demanda era, a inclusión nos orzamentos de
recursos para a execución de unha E.D.A.R. (Estación depuradora)
na parroquia de Budián e a outra ia no senso de habilitar recursos
para un centro de dia na Vila de Ferreira, como se reseña ambas
foron rexeitadas, súmese ademais a falta de cumprimento do
convenio asinado para dotar de persoal a gardería infantil. A
paralización do proxecto do parque empresarial, a falta de pediatra
no centro de saúde e as nulas inversións non oso Concello nestes
dous últimos anos.
Non entendemos cal e o motivo desta permanente
discriminación do noso Val. Tampouco escoitamos ningunha queixa
do grupo do goberno local a o mellor para eles esta mellor así, para
nos dende logo NON.
Menos mal que este era o “Goberno Amigo”