Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ribadense presentou a campaña “O noso xeito de traballar por Ribadeo”

Nota de prensa

Hoxe presentamos ante os nosos veciños  a campaña O noso xeito de traballar por Ribadeo.

A través de 5000 folletos, 500 carteis e tres vallas publicitarias  pretendemos poñer de manifesto parte do traballo máis salientable levado a cabo nos oito anos en que gobernou o PP o concello de Ribadeo (1995-2003) e que supuxo o desenvolvemento de todos os sectores económicos, impulsou a cultura e o deporte,  apostou polo medio ambiente,  cuidou e mellorou o noso patrimonio e contribuiu ó benestar social. O resultado final deste traballo,  sin dúbida alguna, deu como resultado unha mellora sustancial da condición de vida de todos os ribadenses.

Queremos que este traballo realizado nesos oito anos de goberno do PP sexa como un aval ante os ribadenses de ese grupo de traballo que,  encabezado por mín, concurrirá as vindeiras eleccións municipais. Pretendemos voltar a marcar o rumbo para que o noso concello continue avanzando cara un futuro próspero, facendo realidade novas ideas e proxectos,  para así seguir mellorando a vida da nosa xente.

Recóllense neste material divulgativo 70  actuacións  que resultaron vitais para o desenvolvemento integral de Ribadeo. Cabe salientar a diversificación  das mesmas: Vivenda, Cultura, Educación, Deporte, Xuventude, Infraestructuras, Medio Ambiente, Portos, Servizos Sociais, Sanidadae, Transporte, Comercio e Turismo.

Actuouse tanto no casco urbano como na zona rural do concello e sentáronse as bases para proxectos que foron rematados ou continuados por os gobernos posteriores.

Pero aínda que foron moitos os logros é indiscutible que queda moito por facer. Estamos dándolle forma a un programa electoral realista e para catro anos, no que terán cabida solucións as moitas demandas que nos fixeron os diferentes colectivos,  da zona rural e da vila,  cos que nos reunimos nos últimos dous meses.

Temos demostrado un xeito de traballar serio e intenso que,  despois de 8 anos en que os veciños nos deron a responsabilidade de levar a rendas do concello,  deu os seus froitos;  estamos convencidos de que un traballo en equipo,  a pe de rúa,  en contacto permanente coa xente, voltará a dar bos resuLtados o que redundará en que Ribadeo sexa,  dun xeito definitivo,  o centro neurálxico dunha ampla comarca que comprende boa parte da Mariña e do Occidente Asturiano.

Exit mobile version