Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle ao alcalde de Burela que se limite a cumprir a lei nas contratacións de persoal

Nota de prensa:
O PP: “as declaracións do alcalde fannos dubidar de que cumpla a lei en materia de contratación de persoal”.

Reuníronse con persoas que están no paro “e o faremos cando o estimemos oportuno”.

Os populares pídenlle ó alcalde que se limite a cumplir a lei.

O Partido Popular de Burela pediulle hoxe ó alcalde de Burela que se limite a cumplir a lei na contratación de persoal, e que se deixe de buscar fantasmas onde non os hai. Os populares respostaban así ás declaracións do alcalde sobre os criterios de contratación do Lugoemprega e das reunións que o PP mantivo con diversas persoas para transmitirlles a información que o partido tén ó respecto.

Os populares consideran preocupante que o alcalde textualmente “tentaremos ser o máis transparente posible”, porque cabe a dúbida de se a transparencia é a norma de conducta do alcalde, dado que a transparencia ou é ou non é. Ademais, un alcalde nunca debe decir eso, porque se dá por suposto que o alcalde está para cumplir a lei, e agarmados que este proceso de contratación non sexa solamente transparente, senon que cumpla todos e cada un dos requisitos establecidos pola normativa vixente.

No que se refire ás reunións que o PP mantivo con varios grupos de persoas para transmitirlles a información sobre o Lugoemprega, os populares lembran que o PP tivo esa información desde o mesmo día no que se convocou o pleno da Deputación. Ademais, os populares falan habitualmente coa xente, e neste caso non ía ser menos, polo que o noso presidente, González Barcia, optou por reunirse personalmente con persoas que están no paro, como é a súa obriga, para transmitirlles toda a información da que dsipón o partido, e así o vai facer cando o estime oportuno. Evidentemente, xa sabemos que o alcalde considera “clandestinas” as reunións do PP (díxoo un día nun pleno), pero non vamos a facer as cousas en función de se o alcalde está preocupado ou non polas reunións do PP, que parece que non lle gustan moito. O que debe preocupar ó alcalde é o cumplimento estricto da lei, ainda que non faiga máis nada, e despois das súas manifestacións estaremos atentos a que o proceso de contratación sexa como a lei di que tén que ser.

Finalmente, o PP considera que este plan de empleo é claramente electoralista: “o bipartito provincial non fixo nada en materia de emprego en tres anos e medio, e acórdase agora dos parados, cando quedan catro meses e medio para as eleccións. Dito esto, somos conscientes de que vale máis esto ca nada, e polo tanto de aí a nosa información ás persoas que se atopan en situación de desemprego”.

Exit mobile version