Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle á Xunta un proxecto de reoganización integral do porto de Foz

Nota de prensa:
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular rexistra unha iniciativa de impulso ao Goberno a instancias do Partido Popular de Foz e do seu candidato á alcaldía Javier Jorge Castiñeira

BALSEIRO PIDE Á XUNTA QUE REDACTE O PROXECTO DE REOGANIZACIÓN INTEGRAL DO PORTO DE FOZ E INCLÚA NOVAS DOTACIÓNS COMO UNHA ESTACIÓN NÁUTICA, MÁIS ESPAZOS VERDES, SERVIZOS TURÍSTICOS E DE INTERESE SOCIAL, UN CENTRO DE OCIO, A CASA DA MÚSICA E UN APARCAMENTO SOTERRADO

• Os populares queren que se contambilicen os usos pesqueiros con novos espazos de interese social e económico.

• A proposta nace co obxectivo de recuperar as instalacións portuarias e facer destes espazos un novo centro neurálxico da vila.

Foz, 7 de xaneiro de 2011.- O voceiro de Pesca do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, acompañado do candidato á alcaldía polo Partido Popular, Javier Jorge Castiñeira, e da deputada Emma Álvarez Chao, deron a coñecer no día de hoxe os pormenores dun proxecto que suporá un cambio substancial e a posta en valor das actuais instalacións portuarias desta vila.

O deputado mariñán rexistrou no Parlamento de Galicia, a instancia do grupo municipal popular, unha iniciativa de impulso á acción da Xunta –unha proposición non de lei- na que se pide ao Goberno que preside Alberto Núñez Feijoó que redacte no 2011 o proxecto de reorganización dos usos destes espazos, competencia do ente público autonómico Portos de Galicia, de tal xeito que incorporen novas dotacións como poden ser, entre outras, a construción dunha estación náutica, máis espazos verdes, servizos turísticos e de interese social, un centro de ocio e a Casa da Música, así como tamén un aparcamento soterrado.
NOVOS USOS COMPATIBLES CO ESPÍRITO PESQUEIRO

Os populares queren que na redación do proxecto –que debe levarse adiante nesta anualidade que acabamos de estrear- se compatibilicen os actuais usos pesqueiros con novos espazos de interese social e económico, pois está claro que, pese a importancia que as operacións estritamente pesqueiras tiveron no pasado – durante o século XIX sobre todo en artes como o cerco ou a pesca do bonito e tamén noutras pesqueiras como as da sardiña, o xurel ou o chicharron – hoxe gran parte deles mudaron. Malia todo “hoxe pervive aquel espírito mariñeiro da vila, queda a nostalxia e o sentimento de futuro dos que sempre conviviron neste ambiente e queda tamén o orgullo dun pobo que non renuncia a seguir ligado ao seu porto”

FOCO DE ATRACCIÓN TURÍSTICA E SOCIAL

A reorganización integral suporía ademais a rexeneración e posta en valor de toda a franxa litoral portuaria de Foz, de tal xeito que estas instalacións recuperarían o dinanismo e a capacidade de atracción que sempre representaron. Ademais converteríanse nun dos atractivos turísticos fundamentais dunha vila que, por méritos propios, constitúe un dos puntos de visita obrigada de miles de persoas procedentes doutras localidades e que, en moitos casos, está a ser escollida polos turistas como segunda residencia.

IMPULSO AO PROXECTO DE REORGANIZACIÓN

Os populares, a través desta iniciativa, apostan, en consecuencia, por impulsar o proxecto que contemple o novo plan estratéxico de reorganización das instalacións portuarias na localidade de Foz, “gardando o concepto de conservación dos dereitos daqueles que loitaron e loitan por manter a actividade pesqueira, conservando o caracter orixinal do porto antigo, onde se deben seguir dispoñendo dos amarres para as embarcacións pesqueiras, á vez que apostando sen dúbida algunha por unha nova infraestrutura na que se compatibilicen estes usos con outros moitos de importante relevancia social.
NÁUTICA, ZONAS VERDES, OCIO, MÚSICA E PARKING

Entre as posibles novas incorporacións que se pretenden desenvolver nestes espazos portuarios os populares propoñen a construción dunha nova estación marítima náutica, máis e mellores zonas verdes, espazos multiusos nos que situar por exemplo o mercado semanal, novas dotacións como un centro de ocio, a Casa da Música ou un aparcamento soterrado, que ademais constribuiría a facilitar a visita da zona sen xerar un impacto visual negativo.

O PORTO COMO CENTRO NEURÁLXICO DA VILA

O futuro da vila de Foz pasa por enfocarse novamente ao redor do porto que englobará tres sectores importantes da súa actividade económica: a actividade pesqueira, o sector turístico que se verá reforzado ao mellorar os equipamentos –, os servizos ligados ao tempo de lecer –incluído o aparcamento soterrado nas inmediacións dunha nova praza aberta ao mercado semanal- e á náutica deportiva. En resume o sector pesqueiro, convivindo co sector náutico, e reforzando a oferta turistica e de servicios nun zoa que potenciaría a actividade económica do pobo, nun cambio de concepto, futurista e renovador

ACHEGA Á ROLDA DE PRENSA:

ROLDA DE PRENSA ADICADA Á PRESENTACION DUNHA INICIATIVA NO PARLAMENTO DE GALICIA POLOS POPULARES GALEGOS SOLICITANDO UN PROXECTO DE REORGANIZACIÓN DA ZOA PORTUARIA DE FOZ

Foz, 07/01/11.-

En primeiro lugar agradecer a presenza dos medios nestas datas de finalización do Nadal, e por suposto desexarvos un bo ano 2011, que estamos a estrear, para todos vós e tamén para todos os vosos lectores e ouvintes..

Afondando do tema que nos trae hoxe a convocar aos medios de prensa, aínda que o Sr Balseiro fixo unha exposición perfecta do que é a idea do Partido Popular focense para esta proposición no parlamento de Galicia de reorganización da zoa portuaria de Foz, unha iniciativa tal e como puntualizou o Deputado Balseiro, fundamental para o desenvolvemento futuro da localidade.

E isto non é unha mera proposta do programa electoral porque estamos aínda a 5 meses das eleccións municipais, é unha iniciativa real dos populares focenses que propoñen a Xunta de Galicia por mediación do Deputado Balseiro, de iniciar un proxecto de reorganización integral da zoa portuaria de Foz, onde queremos que se xenere unha actividade importante ao redor de varios sectores fundamentais , o pesqueiro e tradicional focense, o sector náutico deportivo, e o de servicios, equipamentos e o turistico e comercial, nun cambio de concepto que será unha realidade nos próximos anos, dos que os focenses nos vamos a sentir orgullosos.

A proposta que nos facemos con memorias e planos, creemos que é ideal porque é capaz de solventar varios problemas que impedían no pasado a súa viabilidade.

1º- é capaz de compatibilizar o sector pesqueiro co náutico porque se conserva o porto tal e como está para o atraque e amarre das embarcacións pesqueiras, coa mellora incluso dos servizos portuarios que agora vos explicarei, co sector náutico que se desprazará e agrupará na zoa exterior do muro.

2º- é capaz de solucionar o problema grave de calado, porque se propón unha actuación submarina con tablestacas ou pilotes, para a contención das areas invasoras que devolverá a auga ao múelle de Foz, e a o río sobre todo en baixamar. Sen ningún tipo de agresión medioambiental.

3º e última- Porque fomos capaces de facerlle ver ás administracións da necesidade desta actuación e a débeda histórica que teñen co pobo de Foz e co porto en Particular.

Entrando en detalles, para o sector pesqueiro solicitamos a mellora dos servizos básicos coa demolición da fabrica de xeo en desuso e a lonxa , e a creación dunha nova nave máis funcional con nave de redes, novas chabola e oficinas para a cofradía, un punto de venta e o novo bar do porto, unha construción que ademais sexa xeradora cun novo concepto estético modernista e transparente en contraposición co existente, exemplo do feísmo arquitectónico local, proposta que por certo se lle presentou á cofradía, e os armadores e que saíron encantados coa proposición.

Para o sector náutico, que tamén está ao tanto da actuación e que nos mostrou o seu apoio, concretamente a Clube Náutico de Foz, queremos aglutinar na parte exterior do muro, previo dragado coa contención submarina que garanta un calado en baixamar de 2,5 mts nunha franxa duns 75 mts de ancho todo ao largo do muro, a estación náutica, con mais de 400 amarres, cunha marina seca, e un paseo náutico dende a punta do muelle ata os asteleiros, e ubicar alí tamén a sede do clube.

Como novos equipamentos propoñemos crear unha macro praza aberta na explanada do muelle, cun novo parque fronte as chabolas, pavimentado e con parking subterráneo, que faga de nexo de unión co paseo náutico e o novo centro de ocio fronte a piscina municipal, e a o seu carón a casa da música.

Con todo isto o sector turístico e o comercial, veranse moi potenciados debido a actividade e o transito de persoas que isto xeraría, coa a creación dunha zoa típica de baretos e pequenas tendas nas antigas chabolas cerca do novo parque, co apoio do centro de ocio con cines e instalacións para o disfrute xuvenil que tanta falta nos fai.

Todo isto é fruto de varios meses de traballo, de moita ilusión e na que coincide a totalidade do Partido Popular, incluído o presidente Feijoó que veu con vos ollos o día 24 de novembro que se lle comunicou persoalmente no seu despacho esta idea , e coa colaboración de moitas persoas, amigos e técnicos, e como dicía antes respaldado polo clube náutico e pola cofradía, e cansados de oir á xente de Foz e aos visitantes, que con toda a razón replican que neste pobo non damos alternativas e servizos distintos que non sexan ir á praia ou pasear, ou ir de ruta gastronómica, que por certo é o único que temos.

O que máis nos gusta deste proxecto aparte de todos os servizos dos que se dotará o pobo, é que creará unha cantidade de uns 200 postos de traballo directos e indirectos durante a construción, e mais de un cento cando esteña todo listo. Sabemos ademais que con este novo concepto guiado por un plan de excelencia turística que estableza as normas e directrices que marquen o novo concepto de turismo que queremos para o pobo, atraerán a novos turoperadores e porsuposto ampliarán a nosa capacidade hoteleira en poucos anos, porque queremos facer de Foz o referente Turístico das Rías Altas Galegas

Ademais esta nova zoa creará un eixo de actividade coa praia da Rapadoira e os redores que daría ao pobo a categoría que verdadeiramente se merece, potenciando así por contaxio á zona antiga que cuns pequenos retoques sería o punto final a unha actuación integral na localidade, sen precedentes.

Non podemos entender que o alcalde en 16 anos non se dese conta do potencial desta zoa, abandonada e non fose capaz de levalo ata o parlamento de Galicia tal e como fixo o Partido Popular Focense.

Exit mobile version