Nota de prensa:
O GPPP denuncia que a Deputación abona a algúns traballadores de Suplusa menos salario do que lles corresponde
* Os populares salientan que a Inspección de Traballo xa instou á administración provincial a correxir esta situación que supón para os traballadores afectados a perda de 650 euros anuais
Lugo, a 18 de xaneiro de 2011.- O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia que a Deputación está a incumplir as súas obrigacións laborais, dado que a algúns traballadores de Suplusa abónalle un salario inferior o que lle corresponde a súa categoría profesional.
Segundo explicou o voceiro adxunto dos populares na Deputación, hai un grupo de traballadores que teñen contrato de xardineiros pero que están a cobrar como auxiliares de xardinería, o que representa para os afectados a perda de 649’95 euros ó ano. Esto trae consigo ademais unha diferencia nas súas bases de cotización á Seguridade Social de 54’16 euros menos.
José María González Barcia indicou que a Inspección de Traballo recibiu a correspondente denuncia a finais de xuño do pasado ano, requerindo á empresa para que presentase a documentación correspondente. Suplusa fixo entrega da mesma o 13 de xullo, comprobándose que as bases de cotización declaradas pola empresa son inferiores ós salarios establecidos na norma convencional para os traballadores con categoría de xardineiros.
No mes de setembro, a Inspección de Traballo continuou coas actuacións pertinentes, pero a día de hoxe os traballadores seguen sen ver regularizado o seu salario. Algúns deles, de feito, xa presentado o pasado mes de abril escritos de reclamación en Suplusa, sen que ata o momento lles fora atendida a súa petición.
O voceiro adxunto dos populares considera que, “nos momentos que vivimos cada euro do que se lle priva a un traballador é unha labazada porque a crise golpea sobre de todo ós soldos máis baixos. Tendo en conta que o Sr. Besteiro se considera solidario cos traballadores, emprazámolo, como presidente de Suplusa, a que corrixa os salarios destes traballadores de xeito inminente”.