Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP decatase que a infraestrutura de acceso ao porto de Burela é prioritaria e interesase por ela no Parlamento

Nota de prensa

A empresa que executaba os traballos de construción desta infraestrutura solicitou a rescisión do contrato o que obriga á Xunta a abrir un novo proceso de contratación

BALSEIRO SE INTERESA NO PARLAMENTO POLA OBRA DE ACCESO AO PORTO DE BURELA E REXISTROU UNHA INICIATIVA URXENTE

o Os populares consideran prioritaria esta infraestrutura tanto para o porto Burela como para o conxunto da comarca e demandan coñecer as xestións que o Goberno galego efectuará para o seu impulso.

o Socialistas e nacionalistas que hoxe poñen o grito no ceo pola ralentización dos traballos gardaron un silencio cómplice cando a Xunta bipartita non corrixiu os factores que levaron a paralizar repetidamente os traballos e as condicións que levaron á empresa hoxe a pedir a rescisión do contrato.

A Mariña, 29 de xaneiro de 2011.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, presentou unha iniciativa urxente na Cámara galega na que se interesa polas xestións que a Xunta de Galicia ten previsto efectuar para reiniciar, “coa maior axilidade posible”, a construción da estrada de acceso ao porto de Burela.

Balseiro significa na súa iniciativa que tanto para os populares como para os actuais responsables do Goberno autonómico esta é unha infraestrutura considerada prioritaria, xa que resposta a unha demanda do sector pesqueiro e dos usuarios do porto de Burela, así como dos veciños en xeral, “sabedores de que o novo vial contribuirá a mellorar a circulación no contorno urbano deste concello desviando o paso de vehículos pesados que actualmente están obrigados a transitar polo centro da vila”.

REPENTINO INTERESE DO BIPARTITO

O deputado popular considera “falso e forzado o repentino interese” de socialistas e nacionalistas “que hoxe poñen o grito no ceo pola ralentización dos traballos” mentres que –na súa opinión- “gardaron un silencio cómplice durante os pasados anos “cando a Xunta bipartita non corrixiu os factores que levaron a paralizar repetidamente estes traballos e non deu solución ás condicións que levaron á empresa hoxe a pedir a rescisión do contrato”.

Balseiro lembra de feito que esta obra comezou a xestarse xa no ano 1993 e que foi no 1997 –cun Goberno popular na Xunta e no concello- cando inicou os trámites para a súa construción coa modificación puntual das Normas Subsidiarias de Pleneamento. Desde entón esta infraestrutura sufriu inumerables obstáculos que impediron que se levara adiante o proxecto, “sen que foran resoltos con axilidade polo bipartito, circunstancia que agora demandan”. Así por exemplo aparición de restos arqueolóxicos, diversos contenciosos iniciados por un particular contra o trazado da vía, e finalmente a necesidade de modificar o proxecto para adaptalo ao Plan Xeral, salvar unha zona de desprendementos en O Cantiño e variar para elo a vía de FEVE.

O deputado popular insiste no compromiso da súa formación política con esta infraestrutura, significa que unha vez máis terá que ser un Goberno popular quen a faga realidade e dea solución aos problemas herdados e sinala que coa súa execución serán máis de 8.600 as e os veciños beneficiarios, ademáis da actividade económica dun dos principais portos pesqueiros do Cantábrico.

Exit mobile version