Nota de prensa:
Barreiro encabeza a delegación lucense que participa na convención nacional do PP en Sevilla
Lugo, a 21 de xaneiro de 2011.- O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro encabeza unha ampla representación do Partido Popular de Lugo, conformada por cargos orgánicos, electos e candidatos ás vindeiras eleccións municipais, que asistirán hoxe e mañá na convención nacional que celebra o Partido Popular en Sevilla baixo o lema “Podes Confiar”.
A xuntanza desenvolverase en torno a tres sesións plenarias que se centrarán na análise pormenorizada da situación económica, da política social e do papel das instituciones. Ademais, e entre outras actividades, celebraranse seis foros nos que participarán expertos independientes e que compartirán cos asistentes a súa experiencia e coñecementos sobre aspectos relacionados coa crise, o emprego, os xóvenes, a muller e a universidade.