Nota de prensa
Os populares solicitan solucións para as deficiencias existentes no parque Rosalía de Castro.
Aseguran que algunhas levan así semanas.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela solicita que se solucionen con caráctar inmediato determinadas deficiencias existentes no parque Rosalia de Castro, como a ausencia de papeleiras, pintadas nos elementos do propio parque, ou elementos averiados.
Os populares afirman que hai papeleras que non se repuxeron desde o mes de agosto, aparecendo solamente os soportes, o que, ademais de decir mui pouco sobre a politica medioambiental e de limpeza do alcalde e do bipartito, provoca problemas de seguridade sobre de todo ós nenos e nenas pequenos.
Desde o GMPP tamén fan mención a xogos que están averiados, e que levan así semanas, como é o caso dun columpio que tén tres puntos de anclaje, cando tiña que ter os catro, co conseguinte risco de caída.
Finalmente, desde as filas populares consideran que a presencia masiva de pintadas nos propios elementos do parque, mesmo con frases non mui axeitadas á poboación que usa o parque, non desempeñan unha labor mui educativa que se diga. Non hai máis que ver tamén como está a marquesiña do propio parque, que día sí e día tamén aparece chea de carteis e cando non de frases e debuxos malsonantes para calquera persoa.
Por todo o indicado, os populares consideran que o alcalde debe abordar estas cuestións de inmediato e proceder a solucionar estas deficiencias para manter o parque en condicións de seguridade e mesmo de hixiene para o importante número de nenas e nenos que o usan a diario.