NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA
Os populares afirman que os veciños perciben a falla de proxecto do alcalde para Burela.
O “novo consello escolar municipal” leva creado dous anos e ainda non se reuniu nin unha sola vez.
O PP reuniuse con veciños de Burela de Cabo, cos xubilados da Moncloa e coa ANPA do “Monte Castelo”.
O Partido Popular de Burela constatou nos últimos dias, a raíz das reunións que vén mantendo con diversos colectivos de Burela e en reunións de veciños en barrios de Burela, a percepción dos cidadáns de que o alcalde e o bipartito non teñen proxecto para Burela.
Así, os veciños pregúntanse onde están os dous millóns e médio de euros que se recibiron polo Plan E, porque o único que se aprecia é o cambio de farolas. Resulta sorprendente que esa actuación sexa a única actuación percibida polos veciños, proba de que estes cartos se usaron exclusivamente para cousas insignificantes e que polo tanto primou o derroche e o despilfarro.
Asimismo, o PP considera que o “novo consello escolar municipal”, “recreado” hai dous anos, porque xa existía desde a presencia do PP no goberno municipal, ainda non comenzou o seu funcioanamento. Eso leva a pensar que a concelleira de Educación estivo máis preocupada de asegurar postos de traballo na Escola de Música ca de potenciar o ensino e a participación dos distintos sectores socioeconómicos no proxecto educativo do bipartito, proxecto que sinxelamente non existe.
O PP reuniuse nos últimos días con veciños de Burela de Cabo, cos membros da Moncloa e coa ANPA do IES “Monte Castelo”. Nos próximos días manterá reunións coas ANPAs dos dous centros de primaria, coa comunidade de relixiosas do Centro San Aníbal, e con representantes dos clubes deportivos, entre outras, para seguir explicando o traballo feito polos populares, recoller suxerencias e buscar solucións ós problemas dos cidadáns. En definitiva, para seguir facendo a vida social que tanto molesta a algúns.