Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reuniuse coas asociacións Ledicia e O Vencello

Nota de prensa:

O PP reuniuse com Ledicia e co Vencello.
Os populares continuarán nos próximos días mantendo reunións con diversos colectivos.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela comenzou o ano mantendo reunións con varios colectivos bureleses. Así, o pasado luns reuniuse coa presidenta da Sociedade Cultural Ledicia, para coñecer de primeira man as necesidades do colectivo. Onte, martes, os populares reuníronse coa directiva da Asociación de Veciños “O Vencello”, para facer unha valoración da situación política do concello, e estudiar as necesidades coas que conta Burela, entre elas un parque empresarial fundamental para o desenvolvemento da localidade.
Nos próximos días, os populares continuarán mantendo reunións, estando previsto a próxima para este vindeiro venres.
Pola súa banda, o portavoz do GMPP e candidato do PP José María González Barcia manterá mañán xoves varias reunións en Santiago con responsables da Xunta de Galicia, para tratar asuntos de interese para Burela.

Exit mobile version