Nota de prensa
O GMPP solicita que non se retire a axuda dos 426€ mensuais ós parados de longa duración.
Afirman que deixará a familias de Burela en situación moi precaria.
“O PSOE acaba co emprego e coa esperanza dos desempregados”, aseguran os populares.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela considera que “o goberno socialista de Rodríguez Zapatero está acabando co emprego pero tamén está acabando coa pouca esperanza que teñen os parados”, á vista do anuncio da retirada da axuda mensual de 426€ que perciben os parados de longa duración que xa esgotaron a prestación por desemprego.
Os populares consideran que esta medida é mui negativa para as familias de Burela que nestes momentos están a ver como todos os seus membros se atopan xa en situación de desemprego. As familias nesta situación probablemente irán en aumento, xa que as perspectivas non son as máis optimistas, debido ó despilfarro practicado polo goberno de Zapatero durante estes últimos sete anos.
Por esse motivo, os populares veñen de presentar unha moción, para ser tratada no pleno que se celebrará o vindeiro xoves, que consideran debería ser apoiada por todos os grupos políticos, porque todos temos que defender a aqueles veciños e familias que esteñan pasando por situacións de desemprego