Nota de prensa
O GMPP presentou desde xuño de 2007 máis de trescentas trinta iniciativas no pleno burelés
O PP afirma que “as actas dos plenos confirman a falla de traballo do bipartito burelés”.
O bipartito só foi capaz de presentar unha media de 2’5 asuntos “de producción propia” en cada pleno desde xuño de 2007.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe, en rolda de prensa, que as actas dos plenos demostran claramente a falla de traballo do bipartito burelés cando só faltan catro meses para as eleccións municipais de maio do presente ano. O balance comenza no pleno ordinario seguinte ó de organización, en xuño de 2007 e remata co pleno do pasado trinta de decembro de 2010.
Os populares presentaron un balance do traballo feito polo bipartito e tamén polo propio GMPP. Segundo tal balance, o GMPP presentou trescentas trinta e sete iniciativas no pleno burelés no período indicado, das que cento dúas foron mocións sobre aspectos e temas de interese xeral ou referidos a determinados sectores productivos ou veciñais; ademais, presentaron trinta rogos, vencellados con aspectos da vida municipal, e dúascentas cinco preguntas, estas referidas a asuntos concretos referidos a actuacións municpais, obras ou servicios.
Así, foron a pleno asuntos como a reparación da travesía municipal no Perdouro, actuacións de Fomento na variante para evitar riadas, a subida da luz, ou obras no espigón da Marosa ou no cuartel da Guardia Civil. Ou asuntos vinculados coa limpeza, con retirada de postes de alumiado en desuso, con vertedeiros incontrolados de lixo, apertura de novos aparcadoiros, etc.
O GMPP está satisfeito co traballo feito nestes máis de tres anos e medio, xa que a realidade demostra, e aí están as actas dos plenos, que foi o PP quen se preocupou realmente polos problemas dos cidadáns, quedando para o bipartito o papelón de buscar á desesperada asuntos para incluir no pleno, como pasou no pleno do pasado trinta de decembro.
E esto é así porque as actas dos plenos non minten: o PP presentou unha media de dúas ou tres mocións por pleno, e unha media de entre cinco e seis rogos e preguntas por pleno. E son esas mesmas actas as que lle dán un triste papel ó bipartito.
Ese balance, a xuizo dos populares, é demoledor para o bipartito, xa que só foron capaces de presentar hasta o momento unha media de dous asuntos e medio por pleno, asuntos de producción propia. Os populares fan referencia a puntos de “producción propia”, é decir, iniciativas do propio bipartito, exceptuando aqueles puntos que por imperativo legal hai que levar a pleno (aprobación de presupostos, modificacións de ordenanzas fiscais, etc.). Esto confirma o que desde hai meses vén asegurando o PP, que os plenos están absolutamente vacíos de contido e non serven para poñer as bases do futuro que todos os veciños e veciñas queremos.
Para os populares, este balance demostra a inoperancia do alcalde e do bipartito, que foron incapaces de transmitir vitalidade á vida municipal e incapaces de xenerar proxectos que teñan que ver directamente co futuro de Burela.
Facendo un repaso dos asuntos que o alcalde incluiu nos plenos, os populares afirman que as actas demostran que o pleno adícase preferentemente a aprobar regulamentos ou modificar os que xa había, que teñen incidencia cero na vida dos veciños e veciñas deste concello, e en moita menor medida a aprobar novas ordenanzas sen nngunha repercusión efectiva e real, como o demostra que nada máis e nada menos que a cuarta parte dos asuntos propostos polo alcalde se referisen a tales cuestións.
Pola contra, e como mostra da parálisis absoluta e da falla de proxectos, o alcalde só incluiu seis asuntos vinculados con obras: un en 2008, tres en 2009 (un, para dar conta do Plan E; e os outros dous sobre a subestación eléctrica de Barras, que xa iniciara o expediente o goberno municipal do PP), e dous en 2010 (un deles referido ó Plan E-2010).
Outro asunto que ocupou “moito traballo” do alcalde foron as adhesións a entidade varias: nada máis e nada menos que trece veces foi a pleno algún punto vencellado con este tema (á rede de cidades polo clima, da que non se volveu a saber nada máis, por exemplo).
Chocante foi tamén a actividade do alcalde incluindo puntos no pleno sobre asuntos de persoal: así, en 2009 produciuse a paradoxa de que se aprobou abonar complentos de productividade ós traballadores e pouco despois, no mesmo ano, tamén se aprobou non abonala, síntoma da claridade de ideas do alcalde na materia.
Para o GMPP, os puntos máis importantes que o bipartito levou ó pleno, exceptuando os xa indicados, foron a creación do Consello Escolar Municipal (sería mellor denominalo recreación, porque xa estaba creado da etapa do PP, e que ainda non se reuniu nin unha soa vez, a pesares de aprobarse vai facer dous anos en marzo), a creación dun Grupo de Seguemento das Praias (que só se reuniu unha vez, cando foi creado na primavera de 2009), e a aprobación de concesión de premios ós solares millor cuidados (aprobouse na primavera de 2009 e ainda non se concedeu nin o primeiro premio).
O mesmo acontece coa Xunta de Goberno, xa que na mesma só se aproban asuntos de trámite ou solicitudes de subvencións.
Finalmente, o PP afirma que na maioría dos casos de aprobación de regulamentos ou adhesións, e mesmo no asunto do Grupo de Praias e de premio de solares, o GMPP votou a favor. Pola contra, o bipartito rechazou noventa e cinco das cento duas mocións presentadas polo GMPP, e incumpliron boa parte dos compromisos adquiridos a través das respostas ós rogos ou preguntas. Está claro quen xenera crispación, porque son eles os que non queren contar para nada co grupo maioritario da corporación.