Nota de prensa
O PP afirma que a Xunta está a traballar para mellorar a obra de acceso ó porto.
Consideran que o incremento do prezo da obra e as propias modificacións técnicas fan necesario un novo proxecto.
Os populares aseguran que o alcalde non falou nunca co conselleiro sobre esta obra.
O Partido Popular (PP) de Burela manifestou hoxe que a Xunta está a facer o necesrio para mellorar a obra de acceso ó porto, dadas as condicións da mesma derivadas de procedementos xudiciais e dos propios cambios técnicos precisos, ó coincidir un novo vial coa vía férrea de FEVE, cambios que traen consigo mesmo o cambio de trazado da vía do tren. Estes aspectos obrigan a facer variacións no proxecto, variacións importantes de carácter técnico e que encarecen o importe da obra, de xeito que esas melloras supoñen un incremento de dous millóns de euros.
Polo tanto, é comprensible que a empresa adxudicataria pida a rescisión do contrato, e é absolutamente lóxico que a Xunta proceda a levar a cabo en breve unha exposición pública do novo proxecto, cumplindo en todo momento a normativa vixente. Todo elo co único obxectivo de reiniciar a obra e rematala canto antes.
O PP reunirase dentro duns días en Santiago con representantes da Dirección de Infraestructuras da Xunta de Galicia, para coñecer a fondo todos os pormenores da obra, e posteriormente informará detidamente á cidadanía. Desde logo non faremos como fixo estes días o alcalde, que se limitou a despotricar na prensa, pero hasta agora non fixo nin unha sola chamada á Xunta para interesarse polo asunto. Ademais, o propio alcalde non é de fiar, cando foi quen anunciou que a obra finalizaría en tal ou cual prazo, e dos tres pronósticos que fixo hai que decir que errou nos tres.
Os populares lembran que nos presupostos da Xunta de 2005, últimos da etapa de Manuel Fraga, quedou consignación presupostaria para o acceso e tamén quedou a docomentación administrativa completamente resolta. A chegada da Xunta bipartita trouxo consigo un retraso de dous anos na licitacion da obra, alegando que estaban revisando o proxecto, xusto como pasou coa obra da auga de Burela e Cervo. A partires de aí, todo o mundo sabe que a Xunta bipartita de Touriño e Quintana non foi capaz a rematar a obra nin a deixar adaptado o proxecto de obra ós condicionantes xurídicos e técnicos que surxiron.
Pero hai máis. Resulta sorprendente a lixeireza do alcalde falando na prensa sobre esta obra, e falando de ter en conta no futuro non sabemos que cousas. Os cidadáns de Burela deben saber que a día de hoxe o alcalde non tén falado nunca co conselleiro de Medio Ambiente sobre esta obra; é máis, nunca solicitou unha entrevista co conselleiro nin por esta nin por outra cuestión. O que non sabemos é se ese comportamento, de non pedir entrevista co conselleiro para falar desta obra tan importante para Burela, se debe á ignoracia do alcalde, á súa irresponsabilidade política, á súa vagancia ou ás tres cousas ó mesmo tempo. Resulta indigno que un alcalde fale na prensa con tanto descaro como o fai este alcalde dunha obra tan importante e lle oculte ós veciños a auténtica realidade, que a obra pouco lle importa, e que o único que pretende é montar follón, decindo que a Xunta non tén interés pola obra; pero pouco caso se lle pode facer a un alcalde que hai máis dun ano decía que ía desaparecer o hospital e o hospital segue traballando, e que mesmo dixo nun pleno, sen poñerse colorado, que os traumatólogos xa non operaban no hospital. Polo tanto, haberá que ter en conta esta actuación do alcalde no futuro, e mui en conta, porque non defende os intereses de Burela.