Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica que o alcalde pida urxencia a Xunta en certas actuacións

Nota de prensa

González Barcia actuará con coherencia á hora de pedir urxencia na realización de obras.

Considera que desde a alcaldía non se actúa nunca co mesmo criterio.

Lamenta que o alcalde claudique ante a Deputación.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela José María González Barcia, considera que as peticións que o alcalde vai formular no pleno a celebrar pasado mañán, xoves, demandando urxencia á Xunta sobre certas actuacións, o único que fan é demostrar a ineficacia do alcalde e do bipartito en materia de xestión ante outras administracións, e a ausencia absoluta de coherencia na práctica política.

José  María González Barcia manifestou estar absolutamente da acordo coa urxencia das obras referidas ós danos producidos polas riadas. De feito, annciou que a Xunta, de non mediar ningunha novidade, realizará as obras a finais de marzo, porque xa está en trámites de contratación, logo de que o concello comunicase a finais de novembro a disponibilidade dos terreos.

Pero fixo unha serie de matizacións ó respecto. Para Barcia, “resulta cando menos triste que o alcalde ande agora pedíndolle urxencias á Xunta, cando leva un ano sen solucionar o asunto do Perdouro, despois de anunciar el, xunto co presidenta da Deputación, no mes de agosto, que en setembro estarían as obras concluidas, nunha travesía que lembremos que é de competencia municipal. Tamén dice bastante pouco do alcalde que as obras da estrada da Marosa, desde A Casilla hasta a estrada da Deputación, correspondentes nada menos que ó Programa Operativo Local de 2006, cun investimento de 130.000’00€, esteñan totalmente paradas e agora, catro anos despois, danse conta desa circunstancia e a Deputación procede outra vez a licitalas, pero tendo que aportar agora os cartos dos fondos propios, xa que os de 2006, fondos europeos, perdéronse.

Pois ben a todo eso o alcalde non lle pide urxencia, o que non deixa de ser un contrasentido, e unha claudicación ante a Deputación. Para Barcia, “un dos aspectos fundamentais da politica, e que máis valoran os cidadáns, é a coherencia. Polo tanto, cando se pide urxencia para unhas cousas, hai que ter o valor de pedilas para outras, e o alcalde non o fixo, e eso que o PP pideullo varias veces sobre as obras referidas do Perdouro e da Marosa. En cambio, eu vou votar a favor da urxencia desas obras das riadas que tén que facer a Xunta, porque cando unha obra é urxente, tanto dá que sexa do concello, da Deputación, da Xunta ou do Goberno Central”.

Exit mobile version