Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica os custos da revistas de Expomar e pide que “os cartos se adiquen a pagar o que se debe”

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O GMPP afirma que o alcalde “xestiona mal as axudas para a Fundación EXPOMAR”.

Os populares piden que os cartos que costa a revista se adiquen a pagar o que se debe.

“Só este alcalde usa de xeito partidista unha Fundación que está mui por encima da súa persoa”, afirman os populares.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela reiterou hoxe as súas críticas polo uso absolutamente partidista da revista O Temón que edita a Fundación EXPOMAR, e que foi solicitada de forma directa polo presidente da Fundación e alcalde de Burela.

Os populares consideran que o alcalde xestiona mal as posibles axudas que pode recibir a Fundación EXPOMAR, xa que os cartos que custa a revista ben podían usarse para pagar o que a propia Fundación debe, entre outras cousas os xa célebres dezaoito mil euros que se lle adebedan á confraría de pescadores.

Resulta realmente penoso e impresentable a todas luces que o alcalde teña a baixeza moral de encargar unha revista para publicitarse el, e publicitar á Deputación, obxectivos que se tentan acadar con esta revista, baixo o nome da Fundación EXPOMAR, fundación que acolle no seu padroado a persoas que son profesionais do mundo do mar e do sector empresarial que nos supoñemos que están alonxadas do intento do alcalde.

Resulta todo esto chocante cando o proprio concello leva tres anos, 2008, 2009 e 2010, sen facer a aportación anual de doce mil euros á propia Fundacion, que se facía cando gobernaba o PP, mentres que os demais patronos cumplen coas súas aportacións conforme ós estatutos da Fundación. Que o concello non aporte nada nestes tres últimos anos, só ten un culpable, o propio alcalde.

Finalmente, os populares acusan ó alcalde e á propia Deputación, que vai ser quen pague a revista, de usar os cartos de todos con fins partidistas e claramente electoralistas: quen use os cartos de todos para facerse autopublicidade, non merece adicarse á política e demostra a súa pouca valía persoal.

Exit mobile version