Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela continúa polemizando co alcalde sobre a cabalgata de Reis

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O GMPP: “as declaracións do alcalde confirman que non houbo cabalgata pola súa culpa”.

Os populares aseguran que, antes de Nadal, xa se sabía que non había cabalgata.

Pídenlle ó alcalde que non tente enganar máis.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela reiterou hoxe que o feito de que non houbera cabalgata foi responsabilidade exclusiva do alcalde, e as súas declaracións veñen a confirmalo, dado que son mentira, polo que lle pedimos que non tente enganar máis.

Os populares aseguran que “antes de Nadal, xa se sabía que non ía haber cabalgata, porque o concello dixo que non tiña cartos para reparar as carrozas, así de simple. Ledicia bastante fixo co que fixo, dada a situación de precariedade económica que se está a sufrir, e merece todo o noso apoio”.

Os populares engaden que “o alcalde debe ter problemas de comprensión, porque o PP, na súa nota de prensa, non se esquece nin dos traxes dos Reis nin dos caramelos, e tampouco se esquece de recoñecer a inxente labor que fai Ledicia. O que pasa é que volvemos a reiterar que para algúns hai cartos (mil euros a un colectivo burelés por dous pasarrúas, dous mil cincocentos para os calendarios, tres mil euros para un curso sobre banda deseñada, etc.) e non houbo nin mil euros para que Ledicia poidese adecentar as carrozas. Se hai para alguns, ten que haber para todos. Esta é a única verdade, e o demáis son disculpas de mal pagador dun alcalde que nunca asume a culpa de nada, nin nunca se responsabiliza de nada”.

O GMPP indica “que xa se sabe que o concello non organizou nunca a cabalgata, pero o que ten que facer o concello e garantizar que hai cabalgata, por eso este alcalde fixo o máis grande dos ridículos, provocando que moitos pais e nais tivesen que ir o víspera de Reis a outros concellos cos seus fillos e fillas, e provocando que desde outros concellos, con menos poboación có noso, se nos mirase de forma irónica por non ter cabalgata. E de eso é responsable o alcalde”.

Para os populares, é “cínico” decir que o PP responsabiliza a Ledicia cando resulta que co goberno municipal do PP Ledicia sempre tivo, ano trais ano, aportación económica directa do concello. O alcalde non pode decir o mesmo desde o ano 2008.”

Exit mobile version