Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Pontenova di que lamenta desidia e pasotismo do equipo de goberno municipal

Nota de prensa

O PP de A Pontenova lamenta unha vez máis a “desidia” e “pasotismo” do equipo de goberno municpal.

Nesta caso o Partido Popular de A Pontenova lamenta as nulas actuacións do goberno municipal do PSOE ante os numerosos cortes de luz que veñen sufrindo varios barrios  de A Pontenova, entre eles os de Xan Foucín, San Mamede, O Castelo, O Pico, O Mazo, entre outros, considerando incluso o PP o colmo da desfachatez que agora, despois de que os veciños decidiran facelo público e sacalo á prensa, é cando o Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno se deciden a presentar unha reclamación. Estes cortes de luz xa veñen de vello e o Alcalde de A Pontenova non fixo nada, nin se preoucupou deles ata que apareceu a prensa polo medio, e logo antes, que?, non eran cortes de luz que afectaban aos veciños e veciñas, e iso que o 1º tenente de alcalde vive nese barrio.

Desde o PP de A Pontenova consideramos unha vez máis dun “pasotismo” supino as actitudes do goberno municipal que parece estar so preocupado polos intereses particulares do seu partido e os seus propios en vez de estar atento e traballando para solucionar os problemas e o día a día dos veciños e veciñas con dilixencia e non a toro pasado, coma neste caso. Por iso o PP de A Pontenova pídelle ao PSOE pontenovés dilixencia e traballo na súa xestión municipal que para eso cobran uns bos soldos que pagamos entre todos os veciños e veciñas de A Pontenova, incluídos os de Xan Foucín.

Exit mobile version