Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Pontenova bota de menos unha campaña en apoio do comercio

Nota de prensa:
O Partido Popular de A Pontenova un ano máis vota de menos unha campaña de apoio ao comercio local por parte do Concello pontenovés.

Un ano máis o PP lamenta que o Concello de A Pontenova non organice ningún tipo de actividade nin de campaña para a promoción e apoio ao comercio local, durante todo o ano, e especialmente nestas datas navideñas e nos momentos de profunda crisis que estamos a vivir.
Non se abren comercios novos na Pontenova, en ocasións por falta de apoio municipal, e os que xa existen, algúns se trasladan e outros pechan (coa conseguinte perda de emprego e de “actividade económica diaria” que isto xenera no concello), pero esto parace non importarlle ao goberno municipal que segue a mirar para outro lado, como si o apoio a este comercio local, un dos sectores máis importantes que sustenta a economía municipal, o fomento e a defensa do emprego sexan aspectos que non foran con eles.
É máis, todo o contrario, durante estes últimos tempos tomáronse decisións por parte do goberno socialista municipal que non só non apoian ao comercio local, se non máis ben todo o contrario, como por exemplo, o problema creado pola falta de aparcamento na vila e por outro lado co tema da ponte, que non facilita o aparcamento e o traslado da compara ata o coche.

Exit mobile version