O PP lamenta a falla de axudas do bigoberno burelés ás actividades extraescolares dos centros de ensino.
Os populares continúan mantendo reunións con colectivos e con veciños.
O Partido Popular (PP) de Burela mantivo no día de onte, venres, varias reunións de traballo, en concreto coa Asociación de Amigos da Banda de Música, por un lado, e con representantes das ANPAs da Escola Infantil Municipal e do CEIP Virxe do Carme. Os representantes do PP están preocupados pola merma ou práctica desaparición da axuda económica do concello ós centros de ensino para a realización de actividades extraescolares, en contra do que se viña facendo durante a etapa de goberno do PP.
Ademais, o PP reuniuse no bar Don Jamón con veciños da zona das calles novas, e hoxe sábado mantivo un encontro con responsables da asociación Cantareliña.
O luns, o PP continuará a súa rolda de visitas e reunións, neste caso con veciños no bar Bitácora, ás oito da tarde.
A finalidade é dar a coñecer o traballo do PP nestes catro anos, recoller suxerencias e analizar solucións, estando en contacto directo e permanente cos veciños e colectivos.