Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP contesta ao PSOE con datos de licitación de obras no DOG

Nota de prensa:
A irresponsabilidade e a permanente falta de rigor son notas características dos responsables do PSOE

BALSEIRO: PARECE MENTIRA QUE UN DEPUTADO COMO O SR. REGO NON SE ENTERE NIN DAS OBRAS QUE APARECEN NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

o O deputado popular acompaña a súa nota con copia do DOG publicado o día 24 de 7 de 2010 onde aparece a licitación desta obra, extremo que Rego aseguraba non se tiña producido.

o A Xunta bipartita non podía deixar aos deputados socialistas realizar algún anuncio sobre obras porque nada fixo na Mariña durante catro anos

A Mariña, 28 de xaneiro de 2011.- “Parece mentira e é un exemplo de grave irresponsabilidade que un deputado como o Sr. Rego non se entere nin das obras que afectan a súa comarca e que aparecen publicadas no Diario Oficial de Galicia” – así de contundente se explica o deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, despois de coñecer que o parlamentario socialista aseguraba nunha nota de prensa –“mentindo descaradamente” – que o proxecto de mellora da estrada Lu-862 “a día de hoxe non esta licitado”

Jose Manuel Balseiro insistiu en dar por segura esta actuación e acompañou a súas afirmación con copia do DOG publicado o día 24 de xuño de 2010 onde aparece expresamente a licitación desta obra, por un importe 5.966.117,48 euros. O deputado popular asegurou que tanto a licitación desta obra como a adxudicación da mesma –cuxa publicación será inminente- foron realizadas pola Xunta que preside Alberto Núñez Feijoo.

O BIPARTITO NADA FIXO POLA MARIÑA

Por outra banda Jose Manuel Balseiro asegura que “ainda que lle moleste ao Sr. Rego, os deputados populares seguiremos dando conta das obras e dos compromisos que a Xunta executa nesta comarca” e que podemos facelo “porque son realidades que a diferenza do feito polo bipartito non só aparecen en titulares de prensa senón tamén no Diario Oficial de Galicia, que é onde vale”. Balseiro asegura que si Ismael Rego non podía facer o mesmo durante a pasada lexislatura é porque “simplemente a Xunta bipartita nada fixo en catro anos na Mariña lucense, polo tanto non tiña nada que anunciar”.

O parlamentario mariñán insistiu tamén en que a irresponsabilidade na información que transmiten aos cidadáns e a permanente falta de rigor son dúas notas características dos responsables do PSOE na Mariña “e do Sr. Rego e do Alcalde de Viviero cando dan roldas de prensa”.

Exit mobile version