Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP apremia á Deputación a poñer en valor O Mirador de Mondoñedo

Nota de prensa
O Partido Popular apremia á Deputación a poñer en valor o mirador de Mondoñedo

Lugo, a 13 de xaneiro de 2011.- O Partido Popular apremia á Deputación a “cumprir coas súas obrigacións” e insta ó presidente da institución José Ramón Gómez Besteiro a que “sin máis dilación” busque unha solución para o mirador de Mondoñedo que permitan poñer en valor e rentabilizar as súas instalacións.

Lembran os populares, a través do voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia e da voceira municipal mindoniense Elena Candia, que a principios do pasado mes de decembro denunciaron públicamente o “estado lamentable” no que se atopa o citado mirador, pero que ese “chamamento” non serviu para que a Deputación “modificara a actitude desidiosa e neglixente que mantivo durante os últimos tres anos e medio e que propiciou a total ruina das dependencias coas que conta este mirador”. Nin sequera motivou ó bipartito local para tomar cartas no asunto e apremiar á adminisración provincial a darlle solución ó problema, engaden.

Para os populares, esta situación é semellante á acontecida coa Residencia do Hotel Miño de Lugo. “É un novo exemplo da falta de xestión do bipartito provincial que non se preocupa o máis mínimo por conservar o patrimonio co que conta a institución e que, por conseguinte, é propiedade de todos os lucenses.

“Parece, polos antecedentes existentes, que permitir este deterioro, como tamén aconteceu cos clubs náuticos, é unha decisión premeditada, non se sabe con qué obxectivo. E non queremos pensar que ese proceder, permitir que as instalacións se convertan nunha ruina, poda empregarse como excusa para malvender os inmobles cos que conta este mirador”, engaden.

Barcia e Candia apremian ós responsables da Deputación a artellar medidas inmediatas para parar o deterioro destas instalacións; recuperalas e poñelas en valor porque a súa “inacción”, segundo recalcan, está a provocar un “dano irreparable a todos os lucenses que nin é entendible e moito menos xustificable”. E por elo que urxen á Deputación a que a que non despat,

Exit mobile version