Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Ribadeo rexeita as críticas sobre o suposto desbaratamento do concello

Nota de prensa:

O EQUIPO DE GOBERNO REXEITA AS CRÍTICAS SOBRE O SUPOSTO DESPILFARRO QUE SE ESTÁ A REALIZAR NO CONCELLO.

Ribadeo, 19 de xaneiro de 2011. O equipo de goberno rexeita as críticas verquidas nas últimas horas desde o grupo municipal do PSOE sobre o suposto despilfarro que se está a realizar no Concello. O rexedor, Fernando Suárez, avoga porque se comparen os gastos desta etapa cos de calquera época anterior (salario percibido polo alcalde, dietas cobradas polos concelleiros do equipo de goberno, gastos en atencións protocolarias, comidas, etc…).

No caso do vaciado da fosa séptica de As Catedrais o equipo de goberno de Ribadeo explica que no 2004, ano no que Balbino Pérez Vacas do PSOE era o alcalde, gastáronse 9.060 euros, no 2005 esa cantidade ascendeu a 18.000 euros e no 2006 pagáronse por eses traballos 5.364 euros. E na etapa do BNG á fronte do Concello, este gasto no 2007 situóuse en 1.840 euros, no 2009 gastáronse 2.000 euros e en todo o verán de 2010 pagamos 4.000 euros, “cartos gastados sen minorar servizos nunha praia que ven rexistrando un aumento exponencial de visitantes ano a ano e nun areal que conta coa Q de calidade e coa ISO 14001 desde hai dous anos, ademáis da bandeira azul. Pagamos menos e contamos con máis servizos e recoñecementos e ademáis recibimos máis visitantes”.

No equipo de goberno do Concello de Ribadeo non entenden “estas críticas realizadas polo PSOE, cando a cantidade destinada a ese fin se foi reducindo ano tras ano desde que nós chegamos á alcaldía, agás pola circunstancia preelectoral na que nos atopamos. Os datos están aí a disposición de todo o mundo e falan por sí mesmos”.

Exit mobile version