Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo rexeita as acusacións de trato de favor a veciños

Nota de prensa:
O equipo de Goberno local rexeita as acusacións de trato de favor á hora de dilixenciar o cambio de titularidade dunha praza de taxi

CHELO GALLEGO LÉMBRALLE Á VOCEIRA SOCIALISTA QUE CANDO ELA NECESITOU AXILIZAR ALGÚN TRÁMITE DO SEU ÁMBITO PERSOAL, ASÍ SE FIXO DENDE O CONCELLO

*

Asegura que na administración local téntase tramitar as solicitudes dos veciños coa maior celeridade e a mellor disposición; e con independencia de quen é o solicitante

*

Os responsables municipais non entenden como os socialistas se enchen a falar dunha sentencia que vai en contra dos seus intereses

Cervo, 22 de xaneiro de 2011.- A integrante do Grupo de Goberno do Concello de Cervo e concelleira de Economía, Chelo Gallego, indicou no día de hoxe que aos compañeiros nas tarefas de Goberno municipal e a ela mesma fáiselles difícil cualificar as recentes declaracións da portavoz socialista nesta corporación, Lara Méndez, referidas á sentencia xudicial que botou por terra a pretensión do seu grupo de impugnar un acordo do Goberno local de aceptar o cambio de titularidade dunha praza de taxi. Segundo Gallego, para os representantes locais resulta inaudito ver como a Méndez “se le llena la boca hablando de una sentencia judicial que va en contra de lo que ellos pretendían” e amosa a forma “rastrera” de facer política dos socialistas.

Dilixencia nas tramitacións para todos os veciños por igual e da que tamén se ten beneficiado a señora Méndez

Dende as filas do Goberno cervense rexeitan as acusacións da edil socialista e representante provincial sobre o que ela deu en chamar “sospeitosa dilixencia” do Concello á hora de resolver o devandito procedemento administrativo. Gallego asegurou que dende a administración cervense tramítanse todas as peticións e solicitudes dos veciños coa mesma disposición, celeridade e prontitude; e con independencia de quen é o solicitante. “Intentamos diligenciar los trámites lo más pronto posible, y si se da el caso de que el solicitante justifica la necesidad de urgencia de su solicitud, pues procuramos responder a su petición lo más pronto posible y siempre dentro de nuestras posibilidades. De esto debe saber bastante la señora Méndez, porque precisamente no hace mucho, cuando tuvo que solicitar en este Concello que se le agilizara algún trámite referido a asuntos de su ámbito persoal y privado así lo hicimos, porque nuestro deber es procurar dar el mejor servicio a nuestros administrados” recalcó.

Por último, os responsables nas tarefas de Goberno en Cervo aseguraron estar moi tranquilos polas ameazas socialistas de investigar as resolucións adoptadas polo Goberno local. “En este sentido no tenemos nada que ocultar. Así lo llevamos haciendo desde hace casi 12 anos y por más que hayan intentado involucrarnos en los tribunales, ahí están las sentencias a nuestro favor en temas de vital importancia para el conjunto de los cervenses coma el Plan Placer o Sumiges: conflictos judiciales que surgieron por las múltiples irregularidades hechas durante la xestión de los socialistas y que desde el Partido Popular nos vimos en la obligación de denunciar en defensa de los intereses de todos los veciños” recordou a edil cervense.

Exit mobile version