Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro da Presidencia da Xunta visitou Cervo para comprobar as obras de remodelación do parque

Nota de prensa:
VILLARES APROVEITA A VISITA DO CONSELLEIRO DA PRESIDENCIA PARA DESTACAR A BOA SINTONÍA ENTRE O CONCELLO E A XUNTA DE GALICIA

*

O rexedor valorou positivamente a visita institucional realizada hoxe por Alfonso Rueda ao concello

*

O titular de Presidencia aproveitou a súa estadía en Cervo para comprobar as obras de remodelación do parque Luís Seone e Díaz Pardo; e interesouse polo funcionamento do Servizo Municipal de Protección Civil, o cual cualificou de punteiro e modélico para o resto de Galicia.

Cervo, 24 xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu a visita ao concello feita hoxe polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela. Durante a súa estadía en Cervo o titular de Presidencia da Xunta de Galicia aproveitou para firmar no libro de honra do Concello e posteriormente dirixiuse xunto cos membros da corporación ao parque parque Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, ubicado a poucos metros da Casa Consistorial e que foi recentemente remodelado grazas a unha axuda da súa consellería de preto de 60.000 euros.

Posteriormente, a comitiva desprazouse ata as instalacións do Servizo Municipal de Protección Civil para coñecer aos traballadores deste servizo e aos membros do Grumir local. Alí, o conselleiro e o director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, Santiago Villanueva, tiveron a oportunidade de charlar con Mario Antuña, responsable do servizo, quen lles informou do alto nivel de profesionalidade de todos os seus integrantes e das labores que desempeñan habitualmente; as cales se desenvolven en gran número fora do termino municipal.

Neste senso os responsables municipais puxéronlle de manifesto aos representantes autonómicos a aposta firme que leva facendo dende hai moitos anos o Concello de Cervo en materia de prevención de riscos.

Boa conexión

Alfonso Villares destacou a “boa conexión” existente entre os actuais xestores da Xunta de Galicia e o Concello de Cervo; e destacou o apoio e o interese amosado polo conselleiro de Presidencia “en todas e cada unha das peticións que lle levamos formulado dende Cervo”.

Cervo, modelo a seguir pola Xunta en materia de Protección Civil

Alfonso Rueda, pola súa parte, agradeceu a invitación feita polo consistorio cervense para visitar o concello “no que está á fronte un bo amigo dende xa hai moitos anos” e encomiou o traballo do Servizo de Protección Civil local. “Penso que é máis que de sobra coñecida a labor que se fai dende aquí; o que fai que Cervo sexa un concello punteiro en materia de Protección Civil e tamén un modelo do que queremos implantar para toda Galicia” dixo.

Neste senso Rueda lembrou que, unha vez os parques de bombeiros comarcais comecen a funcionar a partir de maio, o seguinte paso que se deberá abordar será o de complementalos cunha atención profesionalizada nos distintos concellos a través dos Grumir e dos servizos de Protección Civil “para que nos permita conseguir o obxectivo de poder das resposta a calquera urxencia nun prazo inferior ou igual a 20 minutos; e que calquera cidadán, viva onde viva, saiba que que ten un servizo de emerxencias que lle vai dar unha resposta eficaz nun tempo razoable” recalcou.

Na súa visita a Cervo o conselleiro de Presidencia estivo acompañado pola delegada territorial en Lugo, Raquel Arias e polo parlamentario autonómico e concelleiro cervense José Manuel Balseiro. Así mesmo estiveron presentes o resto da corporación municipal.

Exit mobile version