Nota de prensa
Viaxe a Cuba organizado dende o Concello de Lourenzá
Informar dunha viaxe que se está a planificar dende o Concello de Lourenzá.
Para o vindeiro mes de abril cúmprese o centenario da fundación da “Sociedad Hijos de Lorenzana” en La Habana (Cuba); co gallo da celebración desa data dende o Concello estáse a organizar un acto conmemorativo, que consistiría, por unha parte nunha viaxe a Cuba (que coincidiría coas datas de Semana Santa no mes de abril, cunha duración estimada de 9 días e 7 noites) onde teriamos a honra de participar o día 23 de abril no acto de homenaxe en La Habana e a presentación do libro que recolle a historia das orixes desa sociedade. Por outra banda, ó regreso desta viaxe desenvolveríanse outra serie de actos en Lourenzá.
Toda esta programación nace do compromiso adquirido na viaxe que unha expedición laurentina realizara co gallo do 90 aniversario da citada “Sociedad” (fai dez anos).
Dende o concello animamos ás persoas interesadas a participar nesta viaxe aberta, a informarse no teléfono 982 12 10 06 coa fin de elaborar unha lista de viaxeiros antes do 15 de febreiro de 2011.