Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Foz contratará 29 persoas co plan “Lugo emprega” da Deputación

Nota de prensa

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A CONVOCATORIA SELECCIÓN DE TRABALLADORES DENTRO DO PLAN LUGO EMPREGA DA DEPUTACIÓN DE LUGO. EXPTE. 01/11.

Vista providencia de alcaldía de data 18 de xaneiro de 2011 na que se establecía a necesidade da contratación de 29 persoas dentro do Plan Lugo Emprega, por un período de seis meses en réxime laboral temporal.

Vistas as bases e os informes obrantes no expediente, e de conformidade co artigo 21.1.g) de la Ley 7/1985, de 2 de abril, de Bases del Régimen Local,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar as bases xerais e as bases específicas de cada convocatoria que obran no expediente para a selección dos seguintes traballadores:

– 5 Peóns Grupo de Emerxencia Local (xornada completa)

– 1 Encargado Grupo de Emerxencia Local (xornada completa)

– 1 Auxiliar Administrativo para Sala de Exposicións (xornada completa)

– 1 Ordenanza (xornada parcial 5 horas).

– 4 Oficiais Segunda Albanel (xornada parcial 5 horas).

– 5 Peóns de xardiñería (xornada completa).

– 3 Peóns residuos sólidos e recollida de lixo (xornada completa).

– 3 Peóns limpeza rede viaria (xornada parcial 5 horas).

– 1 Peón mantemento aula da natureza de flora e fauna (xornada parcial 4 horas).

Prazas específicas para menores de 25 anos:

– 2 Peóns de xardiñería (xornada completa).

– 1 Peón limpeza rede viaria (xornada parcial 5 horas).

– 1 Oficial Segunda Albanel (xornada parcial 5 horas).

– 1 Peón Grupo de Emerxencia Local (xornada completa).

SEGUNDO. Publicar o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do Concello www.concellodefoz.es establecendo coma prazo para a presentación de instancias ata o día 7 de febreiro ás 14:00 horas.

TERCEIRO. Remitir copia das bases á Deputación.

O Alcalde de Foz tomou a decisión, unha vez consultado coa Deputación Provincial, de transformar os 20 empregos dos que era beneficiario o Concello, a 29 prazas, algunha delas a xornada parcial de 5 horas, para repartir máis e mellos o traballo, según o Alcalde tamén se tomou a decisión que 5 das prazas ofertas sexan para xóvenes menores de 25 anos.

Os interesados teñen as bases da convocatoria a súa disposición na oficina da Técnica de Emprego do Concello de Foz en horario de 9 a 14 horas, comenzando dende hoxe mesmo, 20 de Xaneiro de 2011  ata o 7 de Febreiro de 2011, en todo este tempo poden presentar as súas instancias e os documentos solicitados nas mesmas, os examenes comenzaránse a realizar do 17 de Febreiro en diante.

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera,  quere felicitar á Deputación Provincial  polo plan posto en marcha, pois ben a significar unha inxección de moral  para a xente desempregada.

Exit mobile version