Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Foz adxudicou o bar do Centro Social a rexente do bar cafetería Express

Nota de prensa

O Alcalde de Foz, José Mª  García Rivera, manifesta que no día de hoxe, 20 de xaneiro de 2011, se adxudicou o bar do Centro Social a Dª Monserrat Fernández Pérez, que rexenta o Bar Cafetería Express, situada na Rúa Alvaro Cunqueiro.

Dita adxudicación é debido á maior oferta presentada tanto técnica como económica, polo que esperamos que unha vez asinado o contrato no día de hoxe, se prepare para canto antes poder comenzar a laboura en dito centro.

O Alcalde tamén manifestou que todas estas xestións e elaboracións de pregos para a nova contratación que se realizou, leva un tempo, debido a que non se poden saltar os prazos nin apurar os trámites máis do que a Lei permite, polo que lle manifesto ao Partido Popular, que se tranquilice e se relaxe, que neste goberno municipal temos ben demostrada a nosa atención e o noso cariño hacia os maiores do noso municipio.

José Mª García Rivera, manifestou que unha vez asinado o contrato por ambas partes sólo resta que a adxudicataria tome posesión de dito negocio e se poña a funcionar o antes posible.

Exit mobile version