Nota de prensa
Os actos contarán con actividades dirixidas ás mulleres do municipio e consistirán nos xa tradicionais campionatos de tute e parchís
CERVO ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Cervo 27 de xaneiro de 2010.- O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cervo vén de informar que se atopa aberto o prazo para participar nos campionatos de tute e parchís que anualmente celebra esta concellería para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, cuxos actos oficiais terán no municipio lugar o vindeiro 13 de marzo.
Para participar nestas dúas actividades -dirixidas todas elas ás mulleres do concello- as interesadas deberán formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura antes do vindeiro 11 de febreiro (de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas ou chamando ao teléfono 982 59 51 57).