Site icon Crónica3.com A Mariña

O ciclo de cine de medio ambiente trae este mes tres novas proxeccións a Burela

Nota de prensa

SEGUE ESTA SEMANA EN BURELA O CICLO DE CINE DE MEDIO AMBIENTE

Burela, 12 de xaneiro de 2011. Segue esta semana en Burela o ciclo de cine de medio ambiente. O venres día 14 terá lugar a proxección da película Un mar cambiante, o 21 de xaneiro será o momento de poder disfrutar con Solo un agua e o 28 veráse Los días de la tierra. Segundo explicou esta tarde o alcalde, Alfredo Llano, “Un mar cambiante e Solo un agua íamos proxectalas hai uns días, pero por motivos de loxística vímonos na obriga de buscarlles outras datas, que son estas das que damos conta agora”.

Este ciclo arrancaba o pasado 30 de decembro e seguirá nas vindeiras semanas e meses. As proxeccións serán na Casa da Cultura ás 20:30 horas. Llano engadiu que “si algún profesor dos centros de Burela está interesado nalgunha película pode contactar con nós e poderíamos realizar algunha proxección pola mañá. E tamén estamos a ver a posibilidade de facer algún debate

Exit mobile version