Nota de prensa:
O BNG INSISTE NA DENUNCIA DE VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS AO RÍO XUNCO SEN SOLUCIONAR DENDE FAI ANO E MEDIO
Os nacionalistas din que o alcalde non cumpre coas súas obrigas nin co compromiso adquirido cos veciños fai mais de ano e medio de arranxar a situación
O vertido prodúcese no Camiño Real entre Cervo e Sargadelos á altura do Muíño do Pernán dende fai mais de ano e medio
Cervo, 08 de xaneiro de 2011. O BNG volveu denunciar a existencia dun vertido puntual de augas residuais ao Río Xunco, no Camiño Real que vai entre Sargadelos e Cervo á altura do Muíño do Pernan. Os nacionalistas indican que sería a segunda ocasión na que denuncian esta situación sen que o alcalde, Alfonso Villares, fixera nada a pesar de comprometerse cos veciños fai máis de ano e medio a amañar o problema e a situación segue igual. Os nacionalistas insisten en que o o goberno local non ten escusas para non arranxar un problema da súa completa competencia e si non o fai e polo abandono no cumprimento das súas funcións e porque o alcalde a todo menos a atender os problemas cotías do concello.
Os veciños reclamaron solucións ao alcalde que se comprometeu a solucionalo fai ano e medio e seguimos agardando.
O BNG demandou do goberno local solucións a un vertido puntual de augas residuais ao Río Xunco ao seu paso por Cervo, “leva moito tempo verténdose no río sen que o alcalde poña as solucións coas que se comprometeu cos veciños fai ano e medio”. Os nacionalistas sitúan o vertido no Camiño Real entre Cervo e Sargadelos, á altura da ponte e Muíño do Pernán sendo visíbel a simple vista ademais de causar malos olores. Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “estamos diante dun feito mais que demostra a deixadez e incumprimento de funcións do goberno local que non ofrece solucións aos problemas puntuais do concello”, Estúa engadiu ademais que “aquí non serven escusas de mal pagador ou botarlle a culpa aos demais, como adoita facer Villares”.
A función do alcalde e poñer solución ao problemas, a da oposición denuncialos.
Por último os nacionalistas demandaron do goberno local e do alcalde en particular que non eluda as súas responsabilidades e poña solución a estes vertidos residuais no Río Xunco e o faga con prontitude, “non pode ser que outra volta o alcalde acuse á oposición de ir contra o pobo por facer o noso traballo”, advertiu Estúa, “quen está a ir contra o pobo como di Villares, e o alcalde que non traballa nin goberna para solucionar os problemas”. Rematou.