Nota de prensa:
“O BNG DE ALFOZ ESIXELLE O ALCALDE EXPLICACIÓNS SOBRE O USO DA MOTOBOMBA”
Dende o Bng vimos observando dende fai meses o funcionamento da motobomba propiedade do concello, o vehículo contra incendios do cal se dispón no concello de Alfoz.
Nas tres últimas actuacións que tivo que realizar no noso concello, dúas na parroquia de Carballido e unha na parroquia de Bacoi, ante incendios que afectaron enorme é negativamente a veciños de Alfoz, as súas vivendas é propiedades, o citado vehículo contra incendios non estaba en situación adecuada para actuar correctamente ante os incendios.
Nos tres últimos casos de indendio, dous dos cales afectaron a vivendas nas que residen veciños de Alfoz, a motomba do concello de Alfoz chegou ó lugar do incendio e non puido ser usada con normalidade debido o mal estado de mantemento no que se atopaba.
Ditos feitos están ocasionando efectos moi negativos para os veciños de Alfoz e incrementando os danos ocasionados a estes veciños o non ser correctos o uso, mantemento e actuacións que se están a realizar coa motobomba do concello de Alfoz, que como máximo responsable ten ó seu alcalde.
“O alcalde e o equipo de goberno non están a cumplir coas súas responsabilidades”, “é lamentable que teñamos unha motobomba no concello que nuca está posta a punto para acudir os incendios”, é responsabilidade da alcaldía e do equipo de goberno controlar e velar porque todo funcione correctamente.
No último incendio que se produciu a finais de ano no fogar duns veciños da parroquia de Bacoi, tardou en chegar a motobomba do concello e unha vez no lugar e dispostos para actuar atopáronse con que non tiñan os filtros en condicións, tívose que esperar a que chegara o equipo de protección civil do concello de Foz e a axuda de algún veciño con tractor e cisterna para sofocar o incendio. “ E moi duro ver que che esta a arder a casa e ver o seu caron a motobomba do concello que no pode apagar o incendio porque non a tiñan posta a punto para acudir os incendios”
Igualmente ocurreu nos outros dous incendios producidos na parroquia de Carballido ó longo desta legislatura. “Eu mesmo estiven apagando nun alpendre que ardeu en Carballido e cando chegou a motobomba non podía bombear auga e foi grazas a un veciño cunha cisterna quen cargou de auga o deposito da motobomba para poder apagar o lume”
Dende o Bng de Alfoz esiximoslle a alcaldía que dé explicacións sobre a última actuación que realizou a motobomba na vivenda que ardeu na parroquia de Bacoi propiedade dun veciño do concello e sobre a correción da mesma, e realice un informe detallado dos feitos acontecidos en dita actuación así como do estado no que se atopa o vehículo contraincendios.