Nota de prensa:
O VINDEIRO VENRES VOLTA O CAMPAÑAZO DO BINGO DE ACIA FOZ, QUE REPARTIRÁ 1.200 EUROS EN PREMIOS AO LONGO DO MES DE XANEIRO.
Foz, 5 de xaneiro de 2011. O vindeiro venres 7 de xaneiro dará comezo unha nova edición de O Campañazo do bingo, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. En total repartirá 1.200 euros en premios ao longo deste mes de xaneiro. Oitenta establecementos comerciais e hostaleiros reparten de xeito gratuito os cartóns do bingo. Segundo explica o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, “os sorteos serán os días 7, 14, 21 e 28 deste mes a partires das 23 horas e serán retransmitidos en directo, coma en novembro, por Radio Foz”.
O premio para cada sorteo será de 300 euros en vales de compra. O gañador recibirá un talonario con 15 cheques de 20 euros cada un para gastar nos establecementos comerciais que participan na campaña antes do 31 de marzo.
ACIA Foz organiza O campañazo do bingo coa colaboración do Concello, a Dirección Xeral de Comercio, a Federación de Comercio de Lugo, Radio Foz e Caixanova.