Nota de prensa:
O BANCO DE TEMPO DE BURELA ESTÁ A IMPARTIR UN CURSO DE INFORMÁTICA ENTRE OS SEUS SOCIOS.
Burela, 18 de xaneiro de 2011. O Banco de Tempo de Burela está a impartir un curso de informática desde o pasado 13 de xaneiro, segundo informa hoxe a Delegación de Traballo do Concello.
Segundo explica a edil socialista Sonia Fraga “trátase dun intercambio entre os socios deste servizo. O curso prolongarase ata finais de marzo, as clases son os luns de 16 a 18 horas e os mércores de 10 a 12 da mañá. En total están a participar 11 persoas, polo que estamos moi satisfeitos”.
A concelleira de Traballo engade que “despois das reunións establecidas e realizadas anteriormente, decidimos entre todos facer este pequeno curso para darse a coñecer un poquiño máis entre todo o grupo de socios que forman parte do Banco de Tempo de Burela, ademáis de adquirir coñecementos de informática que moitos demandan, coñecementos básicos que moitas veces quedan nun caixón á hora de facer un curso de informática oficial. Así foi polo que decidiron botar man dun dos socios con gran experiencia como informático para adquirir esta formación e saber manexar o básico dun pc e achegarse un pouco mais ás tic”.
Sonia Fraga subliña que “no Banco de Tempo seguimos con novas altas dentro deste servizo, e cada vez son mais as persoas interesadas en formar parte do mesmo, polo que dende a Delegacion de Traballo animamos a que se una más xente”.