Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo critica que a Deputación arranxa camiños en Ove sen comunicación ao concello

Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ CRITICA QUE A MAQUINARIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL ESTEA A ARRANXAR CAMIÑOS EN OVE SEN PREVIA COMUNICACIÓN E COORDINACIÓN CO CONCELLO. O REXEDOR LÉMBRALLE A GÓMEZ BESTEIRO QUE EN RIBADEO MANDAN O ALCALDE E O SEU EQUIPO DE GOBERNO.

Ribadeo, 17 de xaneiro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, critica que a maquinaria da Deputación Provincial estea a arranxar desde hoxe camiños en Ove sen previa comunicación e coordinación co Concello. E lémbralle a Gómez Besteiro que en Ribadeo mandan o alcalde e o seu equipo de goberno.

O rexedor dixo que “con gran sorpresa debo dicir que o presidente da Deputación Provincial de Lugo adoece das máis mínimas cuestións formais e de respecto institucional entre diferentes administracións, como é o Concello de Ribadeo e a propia Deputación. Agora mesmo atópome en Ove e asisto con certa incredulidade a observar como despois de máis dun ano non diante de min, senón diante de todos os voceiros da Corporación, o presidente da Deputación compreteu o parque móvil de maquinaria e unha aportación económica tamén para amañar determinadas pistas no concello de Ribadeo tanto nas parroquias da costa como do interior e despois dun ano desde que lle levo recordado varias veces a súa palabra non soamente non a cumpriu senón que a cumpriu dunha maneira absolutamente sectárea, maniquea e política, debe ser que quere apoiar ao seu candidato aquí en Ribadeo”.

Suárez Barcia relatou que “hoxe as máquinas están a traballar ao servizo do presidente dunha comunidade de montes, é algo que me parece inaudito porque a responsabilidade e a coordinación compételle ao goberno municipal e a este alcalde por máis que o señor Besteiro non sexa da mesma cor política que este rexedor. Eu creo que os responsables das institucións debemos estar por enriba das cuestións partidarias, logo cando haxa unha campaña electoral cada un tirará polos seus como ben poida, pero aínda é moi cedo para facer estas artimañas”.

O alcalde de Ribadeo lembrou que “temos que amañar unha serie de camiños con motoniveladora, con pala, con toda a maquinaria do parque da Deputación e para iso hai que facer unha labor de coordinación desde o Concello, moitas desas pistas témolas que desbrozar previamente e gústelle ou non lle guste ao presidente da Deputación en Ribadeo manda o alcalde e o goberno municipal e non o presidente dunha comunidade montes por moito que lle poida doer. Deben saber que ou ben están as ordes e coordinados co Concello de Ribadeo ou que vaian facer política a outro sitio”.

Exit mobile version