Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz ofrece ensinar sentencias sobre urbanismo do concello “se é que existe algunha”

Nota de prensa

O Alcalde do Concello de Foz  manifesta que resulta curioso o que está a pasar co PP e co Sr. Cancio, que ámbolos dous, como xa vimos dicindo, están desenvolvendo o pacto previsto, e que nós denunciamos fai dous meses. Para isto non hai máis que fixarse na nota de prensa do PP na Voz de Galicia do día 5 do mes en curso, e o que di Cancio no seu escrito de dimisión, enviado os medios de comunicación. É o mesmo, é dicir, un centra e o outro remata.

Pois ben, teño que dicir que as persoas serias, cando falan de sentencias, deben dicir a qué se refiren, e non dicir “quero ver todas as sentencias”, pois hai sentencias que van contra persoas por Asuntos Sociais e están protexidas. Agora ben, sobre sentencias de urbanismo, non se preocupen que, aínda que non digan cales, ensinaremos todas as que existan, se é que existe algunha, cousa que non recordo. En calquera caso, nada importante.

Polo que se refire ás festas do San Lourenzo e Entroido, miren os decretos de Alcaldía miren as contas de liquidación do Orzamento e miren, en definitiva, os papeis, señores do PP, e deixen traballar a quen traballa, porque ninguén quixo crear unha comisión para realizar as festas e tivo que ser este Alcalde e o seu Grupo, ademais de uns colaboradores e colaboradoras quen déramos o callo, e vostedes  mentres tanto, durmindo no sofá e agora veñen a pedir contas.

Exit mobile version