Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz asegura que o concello investiu 85 mil euros en centros escolares sen axuda da Xunta

Nota de prensa

O Concello de Foz, que nos Colexios Públicos da localidade ten a obriga de facer obras de mantemento e limpeza de ditos centros escolares, acaba de realizar unha serie de obras que lle correspondía realizar á Xunta de Galicia, e que o Alcalde puxo en coñecemento do Conselleiro de Educación, tomando boa nota este, pero non invertindo nin un solo euro nas necesidades que reclamaban os directores dos colexios públicos.

Así as cousas o Alcalde tomou a decisión de impulsar esas obras dende o propio Concello e facendo unha inversión que ronda os 85.000 € en obras distribuidas entre os Colexios: o Público Nº 1, o Cantel e o Colexio de Nois, donde se pechou o pavillón pola cara norte no Colexio nº 1. Fixéronse enfoscados, reparación de albardillas, pintaronse boa parte das aulas, colocouse gress, colocáronse 102 m2. de pavimento flotante de tarima no ximnasio deste colexio, etc. etc. etc.. No Colexio de Nois colocáronse varandillas de protección exterior, vallouse a zona de deporte,  preparouse e pintouse 129 m2. de pintura, colocouse pechamento de varandilla con rede metálica, etc. etc. etc. . No Colexio do Cantel  levántaronse 195,20 m2. de vallados, vallouse a zona deportiva con enrexado metálico e realizáronse outras obras de menor cuantía.

O Alcalde do Concello, José Mª García Rivera, manifesta que sigue pensando o mesmo dende o primeiro día que fun Alcalde, todo o que se gaste en educación, sanidade, emprego e protección social, non ten prezo, e estas necesidades destes Colexios son importantes para que os rapaces e rapazas teñan unha calidade de vida como se merece.

A maiores o Alcalde pide á Consellería de Educación, que polo menos se digne a cambiar a uralita que por Lei xa tiña que estar cambiada no Colexio Nº 1 e que está totalmente corroida.

Ao mesmo tempo quero agradecer o comportamento cordial dos Directores deste colexios que en todo momento as súas peticións foron realizadas vendo as necesidades que había nos seus respectivos centros.

Exit mobile version