Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo asiste en Madrid a presentación do Plan Turístico da Mariña en Fitur

Nota de prensa
CERVO PARTICIPA EN FITUR PARA PROMOCIONAR O POTENCIAL TURÍSTICO DO CONCELLO

* O alcalde, Alfonso Villares  participará este serán na presentación do Plan de Competitividade do Produto Turístico da mariña lucense

Cervo, 20 de xaneiro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asisten hoxe en Madrid á Feira Internacional do Turismo, a cal foi inaugurada onte pola súa maxestade, a Reina Sofía.

Ao igual que boa parte dos concellos da comarca, Cervo está presente dentro do stand de Turgalicia (organismo dependente da Consellería de Industria e Turismo). Segundo indicou alcalde, Alfonso Villares, este tipo de feiras promocionais son a mellor vía para dar a coñecer “o moito que ten que amosar Cervo no eido turístico, tanto a turoperadores coma aos posibles visitantes interesados en achegarse ata o noso concello” salientou.

Villares confirmou ademais que asistirá esta tarde (16.00 h.) aos actos organizados pola Xunta de Galicia e nos que o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, fará a presentación do Plan de Competitividade do Produto Turístico da Mariña Lucense, no que tamén participará a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

O rexedor cervense tamén sinalou que na súa estadía na feira ten previsto establecer contactos con turoperadores interesados en ofertar destinos turísticos coa natureza coma principal reclamo. “Dende o Concello de Cervo pensamos que é o momento de darlle un novo impulso ó noso municipio como foco turístico dentro da comarca. Cervo ten un especial potencial turístico e pode ofrecer aos visitantes un ampla oferta, a cal está perfectamente coordinada baixo o proxecto turístico-museístico ‘Terras de Azul Cobalto’, que engroba historia, natureza e ecoloxía coma principais reclamos para os nosos visitantes potenciais” lembrou.

Exit mobile version