Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela quere falar do acceso ao porto e do PXOM co conselleiro de Infraestruturas

Nota de prensa

LLANO SOLICITA UNHA ENTREVISTA CON AGUSTÍN HERNÁNDEZ PARA FALAR DO ACCESO AO PORTO E DO PXOM.

Burela, 31 de xaneiro de 2011. O alcalde, Alfredo Llano, ven de enviarlle unha carta ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, na que lle solicita unha entrevista para falar das obras do acceso ao porto de Burela e do plan xeral de ordenación municipal.

Llano quere analizar con Agustín Hernández “as obras de acceso ao porto, quero insistirlle na importancia que ten esa obra para toda a vila, pero sobre para as empresas e para os traballadores do peirao”. O rexedor asegura que “teño a intención de acudir a esa cita cunha representación dos armadores, da cofraría de pescadores e dos exportadores”.

O alcalde de Burela agarda que “ese encontro se produza o antes posible” e engade que “tamén quero falar co conselleiro do plan xeral de ordenación municipal da nosa vila”.

Exit mobile version