Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela di que unha revista de Expomar “saíu totalmente gratis dado que é subvencionada”

Nota de prensa

ALFREDO LLANO ASEGUROU QUE A REVISTA O TEMÓN FOI SUBVENCIONADA E QUE NON SUPUXO COSTE ALGÚN PARA A FUNDACIÓN EXPOMAR E PARA O CONCELLO.

Burela, 14 de xaneiro de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegurou que a revista O Temón foi subvencionada e que non supuxo coste algún para a Fundación Expomar e para o Concello. Así resposta ás críticas verquidas nos últimos días desde a oposición.

Llano sinalou que “é unha revista impulsada por Expomar, saiu totalmente gratis dado que é subvencionada. Expomar non gastou un peso na publicación, a Fundación Expomar sí que ten interese en temas como o mar, a pesca e aquelo que forma parte da economía de Burela e iso é o que nos interesa promociónalo, difundilo e espallalo para que todo o mundo poida coñecelo e tratalo. É unha revista que se fai para promocionar os nosos productos do mar e aquelas cousas que son positivas para Burela”. O alcalde anunciou que “haberá máis edicións, na vindeira sairá casi un monográfico sobre a pesca, sobre a merluza, onde será protagonista a cofraría de pescadores… todos os temas que sairán nesta revista son unha ventá aberta para que todo o mundo se entere do que se fai en Burela, a través de Expomar e en xeral na actividade económica do municipio. Isto máis que preocupar debería animar á xente a ver a revista, as críticas o único que tentan é mermar a xestión do goberno e de Expomar, que iso sí que é grave. Só queren crear malestar dicindo que se deben cartos e que estamos aí derrochando cando é totalmente o contrario o que está a facer o equipo de goberno”.

Exit mobile version