Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela falará co sector pesqueiro para esixirlle á Xunta a continuación do acceso ao porto

Nota de prensa:
ALFREDO LLANO INICIARÁ A VINDEIRA SEMANA UNHA ROLDA DE CONTACTOS CO SECTOR PESQUEIRO PARA ESIXIRLLE Á XUNTA A REANUDACIÓN URXENTE DAS OBRAS DE ACCESO AO PORTO.

Burela, 28 de xaneiro de 2011. O alcalde, Alfredo Llano, iniciará a vindeira semana unha rolda de contactos co sector pesqueiro para esixirlle á Xunta, entre todos, a reanudación urxente das obras de acceso ao porto.

O rexedor dixo que “onte no pleno decidíuse por unanimidade solicitarlle á Xunta que comece as obras de xeito inmediato, isto non será tan rápido porque si quixesen facelo non terían parado a obra, dotaríana de presuposto e de medios para que a empresa que estaba antes seguise a traballar. Tal e como están as cousas agora mesmo a Xunta ten que voltar a darlle aporte económico e volver a licitar, un proceso que irá para largo, salvo que se realice con carácter de urxencia”.

Llano anunciou que “a vindeira semana vou manter encontros con representantes da cofraría de pescadores, de Absa e de empresas que están ubicadas alí no porto para, entre todos, esixirlle á Xunta que reanude as obras tan importantes e singulares para o noso concello”. O alcalde de Burela advertiu esta mañá que “si agora está perimetrada e pechada dalgún xeito, vou facer fincapé nunha cousa, nas últimas riadas que sofrimos en xuño pasado houbo unhs desbordamentos e barrancadas de lodos e terra, que si non se continúa con estes traballos pode ocasionar graves problemas. Hai que lembrar que a vía de Feve pasa moi cerca”.

O rexedor non entende “porque razón decidiron levar os cartos para outro lado, non pode ser que tiren para atrás estas iniciativas e insiste en que “a vindeira semana levarei adiante esas xuntanzas e si é necesario iremos á Xunta para dicir que queremos esa obra xa”.

Selección de persoal

O alcalde de Burela rexeitou nesta xornada as acusacións de supostas irregularidades no proceso de selección para cubrir con carácter temporal unha praza de administrativo no Concello. Alfredo Llano manifestou que “dito proceso se fixo cunha responsabilidade total, pero houbo alguén desde o primeiro día que tivo a intención de deslexitimalo. Empezaron tiraron octavillas preto do Concello argumentando que esa praza ía ser para unha persoa determinada, que o tribunal era corrupto e que o alcalde era un consentidor”. O rexedor de Burela considera que “todo foi programado, aproveitando o exame para molestar o máximo posible ao goberno que está agora no Concello. É tal a baixeza moral desta xente que é triste”.

Llano relatou que “unha vez tiradas as octavillas, xa sabíamos que ían acudir aos medios de comunicación para sembrar as dúbidas oportunas, tentaron deslexitimar ao propio tribunal, á persoa que eles dicían que ían aprobar e dicíndome a min que eu era un consentidor. O proceso selectivo conta cunhas bases onde se explica que é o que teñen que facer e se non están de acordo con él teñen os seus camiños para protestar e reclamar. Iso non se fixo de momento”.

Ao alcalde chamóulle a atención que “onte o PP chegase ao pleno celebrado no Concello pedíndome que explique as irregularidades que se levaron adiante nese proceso de selección de persoal. Din con certeza que houbo irregularidades cando, de momento, ninguén denunciou nin se demostrou tal cousa. Isto demostra que todo estaba preparado e que aproveitaron este proceso co propósito de atacar ao equipo de goberno. É unha baixeza e unha irresponsabilidade do PP entrar neste tipo de argumentación, o único que pretendían era minar ao bipartito con estes métodos. Fíxense na calidade dos políticos que pretenden ser equipo de goberno nas próximas eleccións”.

O Concello investigará “quen lanzou as octavillas e unha vez identificadas esas persoas terán que explicar porqué fixeron estas cousas. Todo foi feito con moi mala intención e cunha baixeza moral total. O que queira protestar e dicir algo ten os mecanismos necesarios para facelo. Non se pode chegar a caer nestes niveis tan baixos, a calidade moral destas persoas espanta e tira para atrás a calquera”.

Exit mobile version