NOTICIAS DENDE PARIS A SANTIAGO
Voltaba de Paris a onde fun tratar de vender os produtos que facemos aquí no noso obradoiro de Xunqueira e collín algún periódico de papel para que o voo se me fixese máis curto.
Noticias do norte de África, protestas en Tunez, onde ficou en bora o “Guapo presidente” que dicía o meu guía cando fun a ese país, manifas e incendios en Exipto e unha roda de prensa do presidente francés da que recorto un cachiño: O presidente francés está asustado. Afirma que “se non facemos nada, para impedir a subida dos prezos, corremos o risco de que estalen disturbios nos países máis pobres e de que teñan un impacto desfavorable no crecemento mundial”. Por iso avoga por un control de prezos a nivel mundial das materias primas.
Dende logo o presidente francés esta a ver as orellas o lobo feroz, non con moita antelación é certo, pois os berros do animal e o fume das súas carreiras está xa a verse por o sur do Mediterráneo.
O outro periódico en español dise Expansión: e titula “A administración local destinou en 2009, segundo o avance de Facenda, 17.300 millóns a pagar a os seus empregados e contratados, un 5% máis que o exercicio anterior”.
“De acordo aos datos solicitados, a raíz do último avance de liquidación orzamentaria de Facenda referido a 2009, o gasto por habitante dos postos de empregados do concello, poño por caso o meu, Viveiro, ascende a 430 euros ao ano…”
“Os municipios (en 2009) aumentaron os seus efectivos en 30.000 persoas, 82 contratos novos cada día, ata chegar ao máximo histórico de 677.000, segundo reflexa o Banco de España.
Desde a óptica de calquera fillo de veciño é fácil apuntar que o horizonte das eleccións municipais condicionou as actuacións dos concellos, que non se atreveron, nalgúns casos, a reducir determinados gastos de xeito evidente superfluos. O medo a coller a tesoira pode saírlles caro. A liquidación de 2009 mostra xa un desfasamento entre ingresos e gastos de 2.400 millóns. E iso tendo en conta que o ano estudado recibiron 8.000 millóns de euros do Fondo Estatal de Investimento Local.”
Pasaron case dous anos desde que o Concello de Palomares del Río, municipio sevillano de 6.000 habitantes, levou a dubidosa honra de ser o primeiro en suspender pagos. Desde entón, a saúde financeira dos consistorios estivo na diana e hai voces que apuntan a que o 80% poderían estar en quebra técnica, coido que nesta bisbarra coñezo a máis de un, que ademais, para mais inri, leva anos sen facer, nin aprobar uns presupostos. As causas? Pois como dicía a cancioncita a ritmo de muiñeira “A miña casa non quero que veñas, sempre me….. nunca me….. non sei si non sabes, non sei si non queres…..”
É a lei do trinquete. O único interese dos Gobernos é medrar, no amplo sentido da palabra, pero cando as cousas van mal, resúltalles imposible volver atrás.
Otero Regal