Nota de prensa
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
CAMPEONATO DE BOLOS CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE (29 XANEIRO 2011 42 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 159 | 12 |
SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 157 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 153 | 8 |
CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 152 | 7 |
QUINTO | OMAR CABRERA MACÍAS | 147 | 6 |
SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 147 | 5 |
SÉTIMO | JOSE VIGO LAGE | 141 | 4 |
OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 137 | 3 |
NOVENO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 134 | 2 |
DÉCIMO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 129 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 65 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | AITOR BOUSO GAVÍN | 97 | 6 |
SEGUNDO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 40 | 4 |
TERCEIRO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 33 | 3 |
CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 21 | 2 |
QUINTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 18 | 1 |
MELLOR BOLADA | AITOR BOUSO GAVÍN | 40 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 88 | 6 |
SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 86 | 4 |
TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 77 | 3 |
CUARTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 63 | 2 |
QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 60 | 1 |
MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 46 | 1 |
INCIDENCIAS DA 13ª TIRADA
(CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE- Sábado, 29 XANEIRO 2011)
-Tarde bastante agradable, iso sí, con ameazas constantes de choiva. Campo mollado, en regular estado.
-42 inscritos, 24 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Segunda victoria de Luis Rancaño, e neste caso permítelle encaramarse ao terceiro posto con 78 puntos, sobrepasando a Ginés Rodríguez, quen está realizando unha segunda volta francamente mala, sumando só 5 puntos nas tres últimas tiradas. Ginés non pode permitirse máis fallos se non quere perder o tren do campionato e quere aspirar a renovar a victoria obtida o pasado ano. Por outra banda, o liderato compartido da pasada semana desfaise a favor de Arturo Vigo, que agora lidera en solitario con 90 puntos, despois de 35 puntos obtidos nas tres últimas tiradas, ousexa, que nestas tres tiradas sacoulle 30 puntos a un xogador coma Ginés Rodríguez. Segundo posto ocúpao José Rafael González con 87 puntos, quen está sendo moi regular, puntuando sempre do medio da clasificación para arriba.
Liga Sub 18.- A líder Salomé Cardoso non foi siquer capaz de puntuar, o que no é óbice para que manteña o liderato con 49 puntos, pero con só 5 de diferencia con respecto ao segundo, Aitor Bouso, quen logrou recortar en 7 puntos a súa desvantaxe. Tampouco logrou puntuar Daniel López, que perde a segunda posición e ocupa agora o terceiro posto con 40 puntos. Xa moi alonxados Samuel Rey E Claudia Fernández con 19 puntos.
Liga Feminina.- Dolores Baño sigue instalada solidamente na cabeza con 50 puntos gracias a regularidade nas súas tiradas. A victoria de Belén Meitín permítelle ocupar a segunda posición con 45 puntos gracias á victoria obtida, sobrepasando á vixente campiona Carmen Roca, quen ocupa a terceira praza con 41 puntos e cunha traxectoria moi errática, con 8 puntos obtidos nas últimas catro tiradas, pobre bagaxe se quere revalidar o título desta temporada. Inda así e todo, calquera das tres primeiras clasificadas ten potencial suficiente para poder alzarse co trunfo final, dahí que a final de temporada, e nas cinco tiradas que restan por disputarse, inda se poden producir máis volcos na cabeza; pero do que sí estamos cáseque seguoros, e de que os tres grandes premios finais van estar entre as tres xogadoras que ocupan agora a cabeza da clasificación.
A Vindeira tirada, e cuarta da Segunda Volta, vai ter lugar na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE A VARA, NA PARROQUIA DE XUANCES O VINDEIRO SÁBADO, 5 DE FEBREIRO DE 2011.