Co Nadal as portas e como peche de ano, disputouse o pasado 19 de decembro na pista deportiva de Ove-Ribadeo a 4ª xornada da LNB da Conferencia NorLeste.
Poida que, aínda que frio, a bonanza do tempo que nos acompañou fora un agasallo que por adiantado nos trouxo o “Apalpador”, xa que por mais que o tentamos, ata o de agora non foramos quen de xogar na pista de Ove un torneo oficial. Finalmente o logramos e disfrutamos ao tempo que do encontro billardeiro, dun fermoso entorno natural: ao pé a Ría, verdeazulada, queda e fermosa, reflexando os esporádicos raios do sol que xogaba as agachadas entre as nubes e presidindo, dende a maxestuosa atalaia do monte que a acubilla e lle da seu nome, a Cruz e a Capela de Santa Cruz.
En tan acolledor paraxe e sempre acompañados polos incesantes ladridos do can de Flores, e os esporádicos “vou vaca vou” dun flacuxento Apalpador (semella que tampouco él se librou da crise), comenzamos unha batalla sin coartel na que o que se durmiu quedou fora as primeiras de cambeo, tal foi o caso de Eric, Ginés, Milio, Geni, Xermán, Luis Bateas ou Marcos. Subliñar que Luis desta volta portouse e foi Marcos quen non puido conterse e desfogou a carraxe de quedar eliminado batendo co palán no chan.
A segunda rolda foi moi competida e houbo que recorrer na maioría dos casos a carreira de desempate para decidir o gañador. Pasaron a semifinais Daniel, Franco, Markytos, Guille, Mondoñedo, Bixi e Xan Rodiño quedando eliminados Elena, Villarino, Reyes, Hugo, Flores, Lola e Jose
Para disputar a final quedaron clasificados Daniel, Guille e Xan Rodiño. A loita comenzou igualada e a falta da última carreira todo estaba por decidir, Xan dominaba por 4 a 2-2 pero os rivais ainda tiñan opcións de forzar o desempate. Non houbo caso, Xan Rodiño que comenzaba a rolda, fixo un espectacular Varados que lle deu o triunfo deixando a Daniel e Guille como segundo e terceiro respectivamente.
O xa tradicional “Galo do Ginés” que un ano mais foi doado polo mítico xogador e a súa muller Marita para adornar a mesa do gañador no Nadal, desta volta foi indultado. Como todos sabemos, Xan é un defensor dos animais e a pé de pista confesounos que o galo sería un agasallo para a súa nai e as derradeiras novas disque disfruta dun placenterio exilio nun galiñeiro redeado dun arén de polas noviñas as que atender. Grande Xan! Parabéns! e deica o 15 de xaneiro no que chegamos o ecuador da competición.
O Apalpador entre o gran alborozo xeral foi o encargado de entregar os premios os tres primeiros clasificados.
Na clasificación por equipos segue dominando Billardeiros Musicais, 2º Os Outros e 3º Remourelle Bulls. Na individual 1º Daniel, 2º Hugo, 3º Xan Rodiño, 4º Guille,5º Reyes. En Varados 1º Guille, 2º Daniel, 3º Jose, 4ºEric, 5º Ginés