Site icon Crónica3.com A Mariña

Mocións dos concelleiros non adscritos de Viveiro sobre o futuro da cidade

Nota de prensa:
PROPOSTA DE MOCIÓN PARA O PRÓXIMO PLENO DO MES DE XANEIRO DE 2011 DO EXMO. CONCELLO DE VIVEIRO

ACORDO SOBRE ESTRATEXIA

Sabido é que o traballo diario que se desenvolve nas institucións impide ter tempo para pararse a pensar sobre enfoque a longo prazo, sobre todo cando os gobernos teñen que traballar con obxectivos a curto prazo que vai dende que conectan cos problemas ata que os solucionan, antes de que rematen os catro anos de lexislatura. Para evitar isto, propoño para acordo deste pleno a seguinte proposta:

Acadar , entre todos os concelleiros nunha reunión de traballo pechada, unha visión de cómo desexamos ver a Viveiro nun prazo que inclúa varias lexislaturas, a fin de que todos os gobernos que vaian xurdindo traballen na mesma dirección de éxito para o Concello de Viveiro, e poño como exemplo a seguinte proposta:

Viveiro, no ano 2020 deberá contar cunha poboación de 20.000 habitantes, o que lle suporá ser líder indiscutible na zona norte de Galicia, traendo consigo altos niveis de servizos e inserción social para toda a poboación aquí residente. O que eu denomino, Estratexia 20-20 de Viveiro.

PROPOSTA DE MOCIÓN PARA O PRÓXIMO PLENO DO MES DE XANEIRO DE 2011 DO EXMO. CONCELLO DE VIVEIRO

ACORDO SOBRE POLÍTICA LOCAL

Co debido respecto e sen intención de ferir a ninguén quixera expoñer o meu enfoque da política local, agora que podo dar unha visión independente, visto o transcorrer diario.

Considero que os membros do goberno deben de ser tratados con respecto dado que son as persoas democraticamente encargadas de xestionar o noso concello durante catro anos, e só os cidadáns poden cambialos, nas próximas eleccións.

Considero así mesmo que a función dos que estamos na oposición é presentar alternativas constantes para a solución dos problemas do concello e apoiar institucionalmente ao goberno cando se trate de temas de interese estratéxico para Viveiro.

Polo tanto solicita ao pleno o seguinte a cordo:

Que nas intervencións públicas que fagamos tanto en pleno como en medios de comunicación utilicemos unha linguaxe respectuosa e de certa altura intelectual, similar á que utilizan a maioría dos cidadáns.

Que o goberno nos informe a todos os concelleiros da situación dos problemas importantes que neste momento ten Viveiro para que entre todos podamos facer propostas para a súa resolución, en beneficio de todos.

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:

MOCION:

CONTRA A REDUCCIÓN DE TAC`s E CUOTAS POR PARTE DA UE PARA O SECTOR PESQUEIRO NO ANO 2011 .-

A Comisión Europea acaba de publicar os TAC’s (Total Admisible de Capturas) e cotas para o exercicio 2011 para as distintas especies que se poderán pescar en augas europeas.

A frota de litoral que faena no Cantábrico e Noroeste de España, considera un erro o mantemento de dita política de TAC’s e cotas, non só rexeitada polo sector pesqueiro, senón que mesmo a propia Comisión Europea recoñece nas súas conclusións no último informe do PPC (Política Pesqueira Común), que dita operativa foi un fracaso como modelo de xestión, tanto na recuperación dos caladoiros (ao favorecer os descartes (selección dos mellores exemplares) e non mellorar a situación dos stocks), como na viabilidade socioeconómica do sector pesqueiro, ao non conseguir unha mellora nos prezos en primeira venda nin a conformación dos prezos no mercado, nin tampouco garantindo o mantemento dos postos de traballo dos miles de traballadores que viven directamente deste sector.

A pesar de todo eso, e ante a incredulidade dos afectados, a administración segue insistindo neste modelo de demostrada ineficacia. Na consulta realizada pola Comisión ao sector, estes pediron un cambio no modelo de xestión, máis acorde coa realidade socioeconómica e de sustentabilidade da pesca que redundaría nunha mellor xestión dos stocks, reducindo considerablemente os descartes e á vez que favorecería a rendibilidade e a fixación de emprego en zonas altamente dependentes da pesca garantindo o abastecemento dos mercados que non suporía, como agora ocorre, unha constante perda de mercado para a nosa frota á conta dun incremento de importacións de terceiros países (exemplo o peixe panga), co consecuente dumping social (que consiste na consecución de baixos precios por parte dalguns productores, gracias a que se favorecen dunha lexislación pouco exigente), que isto leva para as nosas frotas ó traballar en desigualdade de condicións e de requirimentos.

A asignación dos TÁC 2011 supón ir en contra da defensa do sector pesqueiro, do emprego e da súa sustentabilidade, facéndonos pensar que se está buscando o desmantelamento desta frota, en contraposición co discurso oficial. Boa proba diso é a brutal redución do TAC de bacaladilla (Lirio), especie esencial para a frota española de fresco que garantízaba o abastecemento dos nosos mercados en canto a consumo humano, sendo unha das de maior consumo en España, como se reflexa no último informe de primeira venda de produtos pesqueiros da Secretaría Xeral do Mar, á vez que o seu prezo alcanzable favorece o consumo de peixe naqueles sectores poboacionais de menor poder adquisitivo nestes difíciles momentos.

A nosa frota non é responsable da maior parte das capturas, realizadas maioritariamente polas conformadas por buques-factoría do norte de Europa, frotas industriais adicadas principalmente á fabricación de fariñas de peixe para alimentación animal e moitas delas non pertencentes á Unión Europea, permitindo a UE esta pesca que vai en contra dos principios de sustentabilidade, que se aplica á frota comunitaria, perxudicando a frotas como a española que se dedica á venda en fresco para consumo humano.

Non se entende que a UE argumenta que importa o 75% do peixe que consome a poboación europea para garantir o abastecemento, debido a que o que pesca a súa frota non é suficiente, e ainda así segue “castigando” ás frotas tradicionais que operan “ao día” abastecendo os nosos mercados de produtos frescos que favorecen unha alimentación sana ás nosas xentes, e como dixo recentente un patrón “e o mar cheo de peixes e nós sen poder pescar”; así mesmo ás empresas xeradoras de emprego nas nosas zonas costeiras en poboacións altamente dependentes do mar, poñendo en serio risco o desaparecer unha actividade que na nosa zona e o noso país é máis que un traballo: é unha forma de vida, cunha cultura propia, moi enraizada na sociedade.

En todo lo litoral cantabrico son 106 os barcos adicados ó arrastre de litoral. En Galicia compoñen a frota de arrastre 93 barcos, dos que 26 son parellas, estas adicándose á pesquería de bacaladilla, que manteñen máis de 1.000 empregos directos no mar, cun volumen de 9.355 tonelas que supuxeron un total de 10.444.929,37 euros de facturación nesta especie. Na mariña lucense hay 18 unidades de arrastre, o redor de 200 mariñeiros, ao que hai que engadir 7 postos indirectos en terra por cada emprego no mar. Xa máis preto, un porto como o de Celeiro onde a descarga de bacaladilla supón aproximadamente un 18 % do volume total de negocio da lonxa achegado polo cinco parellas dedicadas a esta pesqueira, pasaríase a unha redución drástica da facturación coa incidencia sobre os postos indirectos de compradores, manipuladores e transportistas.

O TAC asignado para a bacaladilla no ano 2010, foi de 540.000 toneladas. Desta cantidade España só dispuxo do 3,64%, o que equivaleu a 19.656 toneladas. Por tanto, non se pode aceptar que se lle considere responsable da situación do stock, dado que a maior parte das capturas son realizadas polas frotas do Norte de Europa (97,40%). Para este ano 2011 as toneladas autorizadas son o redor de 825 o que toca ó redor de 10.000 Kg. por embarcación ou o equivalente a 500 caixas, cun periodo de tempo de menos dun mes para esta pesquería. Asi mesmo tamén afecta a reducción no numero de días de traballo, que para este son só 140.

Asi mesmo outra especie tamen moi afectada por eses recortes e a Cabala (xarda), que este ano reduce o seu tac nun 8,98 % con respecto a ano 2010, o que vai equivale a tamén un mes de traballo, que comenzará o próximo 14 de Febreiro, cando en anos anteriores duraba hasta tres meses. Esta especie non só lle afecta o arrastre de litoral, senón tamen ao cerco e a embarcacións de artes menores que acudían ano tras ano a dita campaña, co cal os afectados multiplícanse. Si ben os científicos constataron que en Galicia o stock de cabala creceu un 41 % dende 2002 ata 2008.

As asociación e empresas representantes das xentes do mar son os máis interesados en que esta actividade se poida seguir desenvolvendo tal e como foi até agora. A súa responsabilidade é coidar os recursos que están á disposición, dunha forma responsable para que se poida garantir o abastecemento dos nosos productos pesqueiros á nosa poboación e que poidan seguir vivindo do mar as seguintes xeracións.

Proba diso, son as medidas adoptadas polo sector para mellorar a situación dos stocks nos últimos anos que traen como consecuencia unha mellora destes, foi á redución de esforzo pesqueiro nun 50% da frota española, pero que por contra ten unhas consecuencias socioeconómicas negativas tanto na perda de empresas como na de postos de traballo.

É por iso entendemos que non se pode admitir ningunha redución nin en capturas nin en esforzo, pois iso significaría a desaparición total do sector, xa que os niveis de rendibilidade están ao límite, nunha situación económica como a que vivimos na que hai que apostar pola creación de postos de traballo e mantemento dos xa existentes, e por elo tanto as administración nacionais como autonómica teñen que facer a suficiente presión ante as autoridades de bruxelas, facendo unha defensa sen concesións do sector pesqueiro nacional, e en particular do sector pesqueiro de Galicia e en especial da nosa bisbarra, que pode verse tan seriamente afectado co amarre da frota, poñendo en perigo os postos de traballo directos e indirectos coa repercusión sobre a economía do noso municipio.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo de Concelleiros Non Adscritos, SOLICITAMOS, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:

1. Mostrar apoio incondicional á flota de arrastre de Celeiro, que desenvolve unha actividade económica xeradora de moitos empregos directos e indirectos, ante a decisión da Comisión Europea dunha reducción drástica nas cota de capturas da bacaladilla, asi como tamén á de cerco e artes menores para a pesquería da Cabala.

2. Solicitar ante o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño renegociar á alza os TAC´s de bacaladilla e Cabala neste ano 2011, para adaptala á capacidade extractiva da flota galega e á situación real dos stocks existentes no Cantábrico, e propoñer unha separación na xestión da bacaladilla en dous stocks claramente diferenciados (Norte e Sur), o que levaría unha mellor xestión dos nosos caladoiros, debido a que a zona norte é a que se atopa en peores condicións debido á mala xestión das súas frotas, diferenciando desta forma unhas pesqueiras doutras e dotando dun trato máis favorable ás que destinan as súas capturas a consumo humano en detrimento das que se dedican unicamente a procesar fariñas de peixe de forma insustentable.

3. Instar ao Goberno de España a que impulse un estudo actualizado sobre a situación dos recursos pesqueiros no Cantábrico e no Noroeste para coñecer a situación real das diferentes especies, e deste xeito, tomar as decisións sobre a distribución das cotas pesqueiras en base a argumentos científicos.

4. Solicitar tamén o pleno apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia en toda esta negociación, para que se adopten medidas concretas que garantan a viabilidade da frota, e por conseguinte, o mantemento da actividade produtiva, os mercados e os postos de traballo.

Exit mobile version