Cal é a nosa sorpresa cando nos din que o único pediatra que se atopa no centro, o doutor Dorado, non atendía pacientes que non fosen seus.
Como opinión particular, quizáis cunha dedicación exclusiva tería máis “interese”, xa que nin tan sequera se dignou a saír da súa consulta para ver se era urxente ou non.
A única solución que nos dan é acudir ó centro de saúde de San Cibrao ¿cómo é posible que nos teñamos que desprazar ata San Cibrao dende Viveiro, O Vicedo, Ourol, etc, por non ser pacientes deste Señor?
En días anteriores, cando o doutor Dorado se atopaba de vacacións, esta mesma situación foi resolta de forma diferente; xa que a pediatra Patricia Lago atendeu tódalas consultas (urxencias íncluídas) independentemente de quen foran pacientes.
Non entendemos que a pediatra de San Cibrao nos teña que atender (por certo, agradecemos á doutora Adriana a súa profesionalidade e atención) e no noso propio centro de saúde, estando o doutor Dorado consultando, non nos atendan.
¿Por qué os pacientes da doutora Patricia Lago non teñen dereito a urxencias en Viveiro, mentres que os pacientes do doutor Dorado son atendidos esteña el ou non? ¿Por qué lle negan ós pacientes da doutora Lago o servizo de urxencias?
A quen corresponda: ¿cómo se lle permite a un pediatra ser selectivo? ¿cómo se lle pode consentir non atender as urxencias a tan distinguido señor?
En Viveiro a 13 de Xaneiro de 2011
Entre outros afectados:
Lorena Vizoso Sánchez
Manoel Xesús García Cedrón
Natalia Sánchez Pulgar