1º Muda a linguaxe, gramaticalmente quero dicir. Explícome: mudaron o suxeito e o verbo. Por exemplo: “o concello fixo” por “eu fixen. Todo é del, todo o fai el. Pero é máis, lembrando unhas verbas recentes do Sr Salgueiro “se as estradas foran do concello e non da deputación, xa as tería arranxado todas” observo a súa repentina falla de memoria (ou estas cousas que dí son para galería, para quedar ben, pois á hora dos feitos reducen os cartos para obras nun 60%.)
2º Volvemos instaurar a política do medo e da desconfianza, “se veñen os do bloque van quitar, van desfacer, van prohibir……” isto xa se nota na xente. Só hai que ler a opinión na prensa dunha señora que ten medo que lle quiten os cursos de informática (que xa os había con D. Jesus, que non os puxo o Sr Salgueiro, falemos claro)
3º A foto: moi importante a foto, para calquer cousiña que serva de propaganda, moito lles gosta a foto para dicir “fixen”.
4º E por ultimo o avance dun pobo, un avance coma o do cangrexo, cara atrás…… sen ideas e con cemento. Continuará…
LOIS