Nota de prensa:
JOSÉ BLANCO VISITARÁ BURELA O VINDEIRO 5 DE FEBREIRO, SEGUNDO CONFIRMOU HOXE ALFREDO LLANO.
Burela, 21 de xaneiro de 2011. O ministro de Fomento, José Blanco, realizará unha visita institucional a Burela o vindeiro 5 de febreiro, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor asegurou que “Blanco se achegará ao lugar no que se construirá a nova capitanía marítima, entre outras cousas”.
Torrentes
Alfredo Llano tamén subliñou hoxe que “as obras da unidade de actuación de Torrentes darán comezo en breve, unha vez solventado o problema administrativo que se produciu hai anos. Xa se enviou notificación a todos os afectados da aprobación definitiva do documento base e do inicio dos traballos”.