O Burela FS Feminino Pescados Rubén acadou un importante triunfo ante o Cajastur de Córdoba (1-4) e achégase máis deste xeito á terceira praza da clasificación. Lucía e Lara adiantaron o conxunto laranxa na primeira parte e Lucía volveu anotar un gol impresionante desde 16 metros na segunda metade que deu a tranquilidade ás de Pardeiro, logo de que Noe puxera o 1-2 no marcador, no minuto 19.
Dolo foi a encargada de pechar a conta anotadora (1-4. Minuto 36) cando as locais xogaban con porteira xogadora e o Burela FSF defendía a súa porta sen grandes complicacións.