Nota de prensa
GALICIA PREPARA A FINAL DO NACIONAL SUB-19
Galicia Sub-19 volve hoxe ao traballo para preparar a final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que terá lugar en Segovia entre o 3 e o 6 de febreiro, coincidindo coa XXII Copa de España.
Os burelistas Manu, Juan e Antón volverán participar no adestramento desta tarde, no pavillón compostelán de Roxos. Tamén estarán Diego Núñez, Antonio Diz e Ángel Trabada, do Azkar Lugo; David Pazos, Marcos Fernández e Alejandro Sal, do Lobelle de Santiago; Jorge Pérez, do Muebles Caloto; e Adrián Roma e Antonio Rodríguez, do AD FS Bueu.
O combinado irmandiño fíxose co billete para a fase final en San Fernando de Cádiz, o pasado 30 de decembro, como mellor segundo clasificado. Andalucía, Melilla, Valencia, Cataluña e Asturias completan o elenco de Segovia.