Site icon Crónica3.com A Mariña

Ex-concelleiro do POSE “resposta ás ex-compañeiras socialistas de Foz”

Nota de prensa:
RESPOSTA AS EXCOMPAÑEIRAS SOCIALISTAS DE FOZ.

Despois de ter leida a “ REFLEXIÓN” que Vostedes fan pública nos medios, quero facer unhas matizacións e aclaracións.

Primeiro que xa non acertan nin co nome, pois eu creo que Vostedes nunca reflexionaron, ni o facerán, simplemente cumplen ordes, pois parece que Vostedes saben pouco do que falan de algúns temas du funcionamento do Concello o que non me estraña da Executiva pero si dos excompañeiros da C.Goberno.

E certo que naquela asemblea na que había tres candidaturas a candidatura do actual S.Xeral sacou 46 votos, frete a 44 votos que sacou a candidatura que eu presentaba, e 40 a candidatura de Ramón Candia,pero tamén é certo que na sala había cinco persoas que non poideron votar a pesar de xa ter pagada a cota de afiliación, pois por motivos que se descoñecen non figuraban no censo.

Tamén e certo que uns días antes a candidatura do Sr Sixto, fixera un pacto con Jaime Cancio, para presentar unha candiatura conxunta, que finalmente o Sr Sixto rompeu porque a concelleira Sra A.Incera se queixou que non lle fixera uns carteis, que nada que ver tiñan no asunto que nos ocupa.Lástima de carteis!

Nos pactos posteriores, recordolles que tanto a miña candidatura como na do Sr Candía dixémoslle que a solución do tema sería formar candidatura de consenso, pois si Vostedes sumaran poderían ver que a súa lista nin representaba ó 35% do partido, algo que Vostede non fixo, porque o jefe lles dixo que nada de nada.

Respecto ao tema de afiliación, é bo recordar que nunha xuntanza alguén puxera na mesa 20 afiliacións novas, que como Vostede sabe non correspondían a Jaime Cancio.

E certo que posteriormente a isto Jaime Cancio, falou con xente para achegala ó partido, e para ilusionalos nun novo proxecto socialista, por certo que neste tema e bo recordar tamén que 50 AFILIADOS, no o chegaron a ser por que según dixo Vostede perderonse en Madrid (casualidade), aínda que se afiliaron por segunda vez, nunca o lograron ser, por que alguén así o impediu.TRISTE E LAMENTABLE QUE NUN PARTIDO DEMOCRÁTICO E TRANSPARENTE PASEN ESTAS COUSAS, e se perdan 5º solicitudes de afiliación.Non foi así para 82 afiliados expres que Vostedes fixeron mentendos nunha asemblea ilegal e que non estaban convocados cando se mandaron as cartas de convocatoria para asemblea, pois naquel momento no estaban afiliados.

No caso que Vostede din, de que un Sr que dixo ser do PP, se presentou para afiliarse , pois non sei que é, pero mire si é certo?, a verdade que ese feito para min ten mérito, pois é unha persoa que renuncia ós seus ideais por apostar por un proxecto socialista para Foz, de igual xeito que seguro algunha persoa do PP, votou nas municipais a nosa candidatura, pero tamén pode ver o seguinte:

A número dous o PSOE de Viveiro, deuse de baixa do PP, uns días antes de formar parte da lista do PSOE de Viveiro.

O candidato de Barreiros, foi concelleiro co PP en Vicedo

A propia S.Organicación de Foz, foi nalgún día Intervetora por PP en San Acisclo……….e para estes e outros casos que pasou co informe?

Respecto ao Cese do Sr Alcalde, eu xa sei que está no seu dereito, pero non me compare o cese dun Concelleiro co cese dun ministro, Vostedes cese de ministros seguro coñeces moitos , e de concelleiros cantos coñecen?.

Respecto a tan falada asemblea, creo que quedará para historia do PSOE de Foz, coma o maís grande atentado contra a democracia que se fixo neste partido, pois a convocatoria desa asamblea que estaba solicitada por 120 sinaturas (70 % da agrupación), porque Vostede no quixo convocar, Vostede sabe coma min que os estatutos que rixen so os de Lugo, ou os de Galicia que é onde estamos.

O que sí é certo, e que dun censo de 180 militantes convocados para esa asemblea na mesma apareceron 262 convocadas, ou sexa 82 novos afiliados, afiliados facía unha semana, e que non foron convocados cando Vostedes fixeron a convocatoria, así que solo Vostedes saben como foron covocados, e o maís triste é que ningun

erán deses 50 afiliados que estaban esperando fai preto dun ano. Como é posible que pasen estas cousas nun partido de transparencia, consenso…….?

Presentamos recursos? Si, pero é bo recordar que nese recursos non so estaba a sinatura de Jaime Cancio, tamén estaban as sinaturas de moitos socialistas de Foz, algunhos que casi o son antes de nacer o S. Xeral.

O máis triste deste episodio, saben cal é? Que ao día de hoxe, ninguén constetou a eses recursos, iso e o máis triste para un partido chamado de talante e de consenso…..

Quero recordarlles que un pode facer política social sen estar afiliado ao Partido Socialista, ou os que están en E. Unida non son Socialistas… podo asegurarlle que coñezo a xente bastante máis socialista que algúns dos que están na executiva dese partido.

Falan Vostedes dunha suposta Candidatura Indpendente, si fora certo, non tardarán en sabelo, pero si así é, será para garantir que o consenso, transparencia, talante, a democracia, a política social se presentan as eleccións, pois as do partido en Foz están secuestradas polo seu xefe, aínda que claro que Vostedes iso no o poden ver de momento, por que teñen moito fume diante.

Agora parece que Jaime Cancio é moi malo, pero ,sendo tan malo, e traballar tan mal…..pregúntenlle ó seu XEFE. Por que estivo na miña casa para pedirme que fora na lista no 2007 co compromiso de que el deixaría a política local?

Por favor, respecto a insinuación de posibles favores eu pídolle que fale CLARO E ALTO, POIS DO CONTRARIO NOS PODEMOS VER NAS DEPENDENCIAS DO XULGADO.

Sigo afirmando que neste último ano, o Sr Alcalde coa intención de tentar que todo funcione moi ben, segue derrochado diñeiro sen criterio. Mire no ano 2009, non se podía gastar, e iso é o que se decía, pero neste último ano, xa non hai problema , de todos os xeitos dentro dun tempo xa lle farei entrega públicamente dalgún dos gastos, que seguro descoñecen.

O que si quero informarlles, que as contas das festas do entroido, de fin de ano… (ingresos, gastos e resultados), do anos que as organizou a comisión da que eu formei parte, están claras e tenas o Sr Alcalde, e tamén o resto dos grupos políticos., non sei si todos podemos decir o mesmo de outros anos. O que me parece infantil, e intentar xustificar o derroche en festas neste último ano co tema do IVE, pois o resto das comisións tamén teñen que pagar o IVE, pero claro que hai que negociar e comprar o maís barato, e non ao que máis interesa.

Eu non sabía que a política socialista era agora a de privatizar os servizos, como o da lei da Dependencia, pero é bo que fale cos traballadores e despois opine, e de non poder dar o mesmo servizo sendo pública a xestión, pois ten un nome que eu non lle escribirei, por non ser ofensivo, pero seguro Vostedes se recordan.

Do da entrega da acta, fíxese que diferencia, Jaime Cancio, dixo que entregaría a acta e entregouna, o S.r Rivera dixo que non se presentaría ao 99%, e agora preséntase.

Por certo mire Vostede os casos de Chantada, Sober… de xente Socialista ________,si entregaron a acta, e verá como hai diferencias de Jaime Cancio e outras, e pregunte si votei algunha vez en contra do seu partido.

DO TEMA DE URBANSIMO, É BO RECORDAR QUE JAIME CANCIO NUNCA FOI CONCELLEIRO DE URBANISMO, E FORMOU PARTE DA COMISIÓN DE GOBERNO MUNICPAL DO 1995 A 2005 E DO 2007 AO 2009, SO LLE DIREI, QUE SI TEN INTERES EN COÑECER OS DATOS E COMO EU NON ME RECORDO DE MEMORIA, PIDA os informes correposndentes

Despois de que pidan todo isto, que o teñen fácil, pois o seu xefe , así como o istructor de algúns expedientes poden darllelo moi rápido, mándelle unha copia a cada afiliado como fixeron co informe da radio, e despois si queren ser transparentes remitan tamén aos medios como fixeron con esta carta a que eu lles respondo.

Está claro que non saben o que é o sindrome de HIBRYS, pero eu e outros compañeiros xa non discutimos de si hai razón ou non, pero polo menos pediamos unha resposta, pero tamén sería bo que falaran Vostedes cuns compañeiros de Oviedo que levan máis de catro anos na xustiza, a pesar de haber gañado xa dúas sentencias, todo por haber pedido primarias.

E para ramatar , si de verdade queren coñecer quen foi Jaime Cancio como Delegado de Pesca, pregúntelle a xente do Mar. En todo caso quero recordarlles que presentei a dimisión (non cesado), para no dañar o partido, por que supostamente mandara un curriculún por rexistro, ou sexa con luz e taquígrafo como se di, imaxina Vostede os curriculun que outros mandaron por fora de rexistro? Preguntelle.

O que si recoñezo, e que nada máis chegar a Delegación de Pesca, dende o Partido, se me dixo que sería procente cesar aos cargos de Libre Designación, e así o fixen , esperando a que cumpliran anos de servizo, para causarlles o menor perxuizo, por certo con respecto a algunhas das persoas que foron nomeadas para os postos de LD, mellor preguntelle ó Sr Ricardo Varela .

En fin, cando queiran seguimos, eu aínda teño máis capítulos, como comprenderán.

De todos os xeitos resérvome o dereito de emprender accions xudiciais que fosen precisas en aras de salvaguardar a miña honorabilidade.

Exit mobile version